O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Friday, April 28, 2006

Límites do deserto


"Dábame conta de que algo extraordinario pasaba naqueles momentos. Estreitei ao principiño entre os meus brazos como se fose un neno pequeno, e non obstante, pareceume que descendía en picada cara a un abismo sen que fose posible facer nada para retelo."

A culpa é miña, non me dei conta de que ... a culpa é miña... ¿Por que? Porque a culpa é miña...

A culpa é túa, non me dei conta de que ... a culpa é túa... ¿Por que? Porque a culpa é túa ...

Thursday, April 27, 2006

O incesante devir da Galaxia

"-Os homes da túa terra -dixo o principiño- cultivan cinco mil rosas nun xardín e non atopan o que buscan.
-Non o atopan nunca -resposteille. -E non obstante, o que buscan poderían atopalo nunha sóa rosa ou nun pouco de auga...
-Sen dúbida, respostei. E o principiño engadiu:
-Pero os ollos son cegos. Hai que buscar co corazón. "
Este principiño que está aqui nunca aprenderá... aínda penso que podo axudar a certas persoas que van polo camiño equivocado, pero non me decato de que son elas as que teñen que cambiar e crelo, porque se non o cren non cambiarán...
Todo na vida desta Galaxia é sempre igual, nunca hai descanso e todo é precipitado, ¿por que non será todo máis sosegado? Debo de buscar máis estreliñas coma a do meu amigo o Príncipe, sosegadas e onde se pode rir, falar, comentar e debatir en grata compañía... pero creo que son moi poucas esas estreliñas...

Wednesday, April 26, 2006

O amor en todas as facetas...


"-Si, eu quérote -díxolle a flor-, foi culpa miña que ti non o saibas; pero iso non ten importancia. E ti fuches tan tonto coma min. Trata de ser feliz. . . E solta dunha vez ese globo; xa non o quero."

Ás veces vemos o amor que nos dán as persoas que nos rodean e iso satisfainos moito, e outras non o vemos. Que non o vexamos pode ser porque non nolo dan ou non o saben mostrar... As dúas cousas son moi perigosas, pero tamén temos que saber que se hai persoas que nolo dan sempre é máis satisfactorio para nós sentirnos queridos que sentirnos indiferentes.
A flor quedouse sen o principiño porque non lle soubo mostrar o seu cariño, o principiño non quere perder máis flores, por iso lle demostra o seu amor a aqueles que o merecen. E ti, ¿demóstralo?

Adicado a Momo.

Monday, April 24, 2006

Flores hai moitas, pero ningunha coma as nosas...

"E sentiuse moi desgraciado. A súa flor dixéralle que era a única da súa especie en todo o universo. ¡E agora tiña ante os seus ollos máis de cinco mil . Todas semellantes, nun só xardín!
Se ela vise todo isto, dicíase o principiño, sentiríase vexada, tosería moitísimo e simularía morrer para escapar ao ridículo. E eu tería que finxirlle coidados, pois sería capaz de deixarse morrer verdadeiramente para humillarme a min tamén... "

Ás veces os seres humanos somos bastante raros. Hai uns días unha das miñas mascotas díxome que tiña que darlle un xiro a esta cousa que fago... supoño que pensa que só hai unha forma de facer estas cousas... igual que as fai el... pero eu creo que cada un as fai como quere e non por iso están mal, non todas teñen que ser da súa forma.
As cousas están ao límite pola Galaxia, demasiado cargada a vida deste principiño. Onte estiven nun deses sitios nos que te tranquilizas, nunha estreliña que me dá sosego e que só vou unha vez ao ano cos reis... Vendo aquel sosego dáme ganas de dicir varias cousas...
Vermello, non esquezas aquelas cousas que son as verdadeiramente importantes, non os momentos puntuais de bágoas, senón os de sorriso continuo...
Rosa, dimo á cara que creo que necesito que me des un pouco do teu sosego...
Verde, intenteino onte pero non estabas...
Violeta, a ver se se achega pola miña estreliña e falamos, que a vostede se lle da ben e eu quero, mellor dito, necesito escoitar...
Arromba que te arromba sigo na miña estreliña...

Friday, April 21, 2006

Eu


Mirarse ás veces está ben. Non perder de verse para poder decatarse que estás aí. Todos diredes que este non son eu, que son máis vello, máis alto, máis moreno... pois non, este son eu. Tanto me dá a estatura, o abrigo ou os dourados rizos, eu son un principiño... O principiño... Mirádevos e dicídeme que vedes... contádeme que pensades que vedes. Mirádeme e dicídeme que vedes... ¿a realidade?

Monday, April 17, 2006

A volta, tras horas de viaxe...


"E logo continuou dicindo: "Críame rico cunha flor única e resulta que non teño máis ca unha rosa ordinaria. Iso e os meus tres volcáns que apenas me chegan ao xeonllo e un deles acaso está extinguido para sempre. Realmente non son un gran príncipe... "
E botándose sobre la herba, o principiño chorou. "

É moi duro o paso cara a realidade. Cremos que o temos todo e que nos vai ben todo, pero chega algún momento da nosa vida na que nos decatamos de que non temos nada, que o que nos rodea é moi efémero... pero o bo dese momento é que lle segue outro no que nos decatamos de que hai que gozar dos pequenos momentos, das pequenas cousas... hai que saber o que se ten, a quen se ten e pasalo ben con iso, porque non é máis rico quen máis ten senón quen menos necesita.

Thursday, April 13, 2006

Mascotas...


"-Adeus -dixo o zorro-. Velaquí o meu segredo, que non pode ser máis simple : Só co corazón se pode ver ben. O esencial é invisible para os ollos.
-O esencial é invisible para os ollos -repiteu o principiño para lembrarse.
-O que fai máis importante a túa rosa, é o tempo que ti perdiches con ela.
-É o tempo que eu perdín con ela... -repiteu o principiño para lembrarse.
-Os homes olvidaron esta verdade -dixo o zorro-, pero ti no debes olvidala. Eres responsable para sempre do que domestiaches. Ti eres responsable da túa rosa... "

Wednesday, April 12, 2006

Descanso...


"¡Non souben comprender nada entón! Debín xulgala polos seus actos e non polas súas palabras. ¡Perfumábame e iluminábame a vida. Non debín fuxir xamais! ¡Non souben adiviñar a tenrura que ocultaban as súas pobres astucias! ¡Son tan contradictorias as flores! Pero eu era demasiado mozo para saber amala".

Todos necesitamos descanso. Creo que ás veces demasiadas emocións son prexudiciais para a saúde dun principiño. Sentir faite ser humano, pero sentirte desgarrado fai ver que es fráxil. Esa fraxilidade de antano, que non podes voltar sentir percorrer a pel. A experiencia faiche ver que todo é cíclico, pero que hai veces que non podes facer nada... nin facendo o adecuado che saen ben sempre as cousas.
Vermello... comeza... xa sabes onde está a miña estreliña e xa sabes que te estou esperando.
Rosa, tamén te espero, pero para outros menesteres, eló?...
Violeta... na miña estreliña vas durmir mellor que eu na túa ;)
Verde... non me teñas en conta a tardanza... non dou para máis, pero xa sabes que cumplo as miñas palabras...

Un principiño canso...

Un sorriso


"A min gustaríame máis comezar esta historia á maneira dos contos de fadas.
Gustaríame dicir:
"Habia unha vez un principiño que habitaba un planeta apenas máis grande que el e que tiña necesidade dun amigo…"
Para aqueles que comprenden a vida, isto parecería máis real."
¿Por que a xente maior non pensa no que de verdade é importante? Temos que aprender a ver o que nos importa. Mirade ao voso arredor e demostrade aos vosos pais, irmáns, amigos, mascotas... o que vos interesa. Este principiño intenta facelo. Cun sorriso todos os días sempre se fai máis agradable a vida, e aledámoslla aos demais. Non deixar que a palabra "quérote" perda o seu significado.

Tuesday, April 11, 2006

Miradas...


"¡Ah, principito!, ¡como fun comprendendo lentamente a túa vida melancólica! Durante moito tempo a túa única distracción foi a suavidade das postas de sol. Este novo detalle soubeno ao cuarto día, cando me dixeches:
-Gústanme moito as postas de sol; imos a ver unha posta de sol…
-Teremos que esperar…
-¿Esperar que?
-Que o sol se poña."
Esperar a que o sol se poña, e nunca se pon... Esperar sempre se fai eterno. Ti que estás aí, ¿a que esperas? Se sabes de sobra o que eu espero... non te fagas o inocente, non preguntes... só espero poder ver unha posta de sol cos que máis quero... si, ti estás aí...
Adicado a aqueles que esperaron comigo...

Monday, April 10, 2006

Noites de pixama e de chamadas perdidas...


"Porque non me gusta que o meu libro sexa tomado á lixeira. Sinto tanta pena ao contar estes recordos. Fai xa seis anos que o meu amigo se foi co seu cordeiro. E se intento describirlo aquí é só co fin de non olvidalo. É moi triste olvidar a un amigo. Non todos tiveron un amigo. E eu podo chegar a ser como as personas maiores, que só se interesan polas cifras. Para evitar isto merquei unha caixa de lápices de colores. ¡É moi duro, á miña idade, poñerse a aprender a debuxar, cando en toda a vida non se fixo outra tentativa que a dunha boa aberta e unha boa pechada á idade de seis anos!"

¿Vermello, lémbraste de hai un ano? Si, bonitas datas... non deixes que se esquezan. Fai que as novas lembranzas se complementen coas vellas, perde o tempo xogando na miña estreliña...
Rosa e Violeta, ¡¡¡ si, ti violeta ;) !!! Espero que saibades ver que as arroutadas da nosa infancia, ese pixama e esas horas, as vexades como unha lembranza da nosa nenez, desa inocencia que quere voltar á miña "segunda nenez". Grazas por xogar comigo na miña estreliña...

Sunday, April 09, 2006


¿Por que non nos lembraremos da nosa infancia? ¿Por que non manteremos o mellor dela? ¿Por que non somos capaces de manter esa dozura, esa pureza de sentimentos, ese punto de inxenuidade, esa ledicia, ...? A vida está para vivila, non para perdela...

Friday, April 07, 2006

Adicado ás miñas mascotas


"Sei que nalgún lugar do mundo, existe unha rosa única, distinta de todas as demais rosas, unha cuxa delicadeza, candor e inocencia, farán espertar do seu letargo a miña alma, o meu corazón e os meus riñóns".

Ás veces o principiño pregúntase cousas sobre as flores. Unha flor que se quere demasiado e chega a ser caprichosa.

Thursday, April 06, 2006

A soidade, eterno retorno


Cando pensaba que non podería pasar, volta pasar... cando pensaba que se aprende dos erros, non se fai... cando penso que a xente está aí... non me mira... cando queres a xente... pasa de ti... que triste se queda un só...
"Mireno atentamente para que saiban recoñecelo, se algún día, viaxando por África cruzan o deserto. Se por casualidade pasan por alí, non se apresuren, rógollelo, e detéñanse un pouco, precisamente baixo a estrela. Se un neno chega ata vostedes, se este neno sorrí e ten cabelos de ouro e nunca responde ás súas preguntas, adiviñarán enseguida quen é. ¡Sexan amables con el! E comuníquenme rapidamente que regresou. ¡Non me deixen tan triste!"
"O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry

Wednesday, April 05, 2006


"En efecto, no planeta do principiño hai, como en todos os planetas, herbas boas e herbas malas. Por conseguinte, de boas semillas salen boas herbas e das semillas malas, herbas malas.
Pero as semillas son invisibles; dormen no secreto da terra, ata que un bo día unha delas ten a fantasía de espertarse. Entón alóngase extendendo cara ao sol, primeiro timidamente, unha encantadora ramiña inofensiva se se trata dunha ramiña de rábano ou de rosal, pódese deixar que creza como queira. Pero se se trata dunha mala herba, é preciso arrancala inmediatamente en canto un saiba recoñecela.
No planeta do principiño había semillas terribles… como as semillas do baobab. O chan do planeta está infestado delas. Se un baobab non se arranca a tempo, non hai maneira de desembarazarse de el máis tarde; cubre todo o planeta e perforao coas súas raíces. E se o planeta é demasiado pequeno e os baobabs son numerosos, fano estallar".
Canta realidade hai nestas palabras... creo que as mellores reflexións non están en grandes libros de filosofía, senón ans pequenas historias de principiños.

O príncipiño agricultor.

Tuesday, April 04, 2006

Verde

Hoxe Verde deume unha mensaxe... que quería que falase del. ¡Puff! As súas palabras son ordes para min, aínda que non sei se é o momento máis idóneo para facelo... Verde é a miña mascota dende hai moito tempo, aínda que el mo comunicou un 8 de marzo de 2000 (acabo de darme medo lembrando a data...) cando mo comunicou, que quería ser mascota miña. Verde, coma o seu nome o di, é esperanza, foi quen me inculcou a inocencia, a calma e o respecto... lémbrome de cando descubrin a primeira estreliña... foi con el... e tamén lembro as longas charlas que tiñamos (bueno, que eu lle obrigaba a ter... que el sufría). Agora está lonxe en espazo, pero non en corazón. Ten sempre unha nova compañeira que o segue (na foto saen moi favorecidos) e pronto terán novas mascotas que coidar...
Agora estará asustado pola última oración que puxen, pero como sabe a min dáseme moi ben asustalo...

Os baobabs


"Aínda que non me gusta o papel de moralista, o perigo dos baobabs é tan descoñecido e os perigos que pode correr quen chegue a perderse nun asteroide son tan grandes, que non vacilo en facer unha excepción e exclamar: "¡Nenos, atención aos baobabs!"
E só co fin de advertir aos meus amigos destes perigos a que se expoñen dende fai xa tempo sen sabelo, é polo que traballei e puxen tanto empeño en realizar este debuxo. A lección que con el podía dar, valía a pena. "

Monday, April 03, 2006


Algo hai polo espazo que se nota... algo está cambiando, nótase no ambiente... Cando cheguei á estrela 469 vin paisaxes insólitas para a miña estreliña, unha ampla gama de cores que me desbordaron de felicidade. Creo que as persoas ao estar en estrelas desas cambian para ben, aínda que hai outras que seguen igual de... irascibles sexa a época que sexa...
Estes días son cruciais para a vida dun principiño... despois das celebracións (as cales me serviron de moito...) chegan momentos cruciais para outras facetas da miña vida. Teño que medirme para ver canto medrei... e tamén teño que facerme un traxe real... momentos especiais e de gran relevancia de futuro, a ver se llo comunico ás miñas mascotas... para que saiban que pode haber grandes cambios... O mércores medireime, se crecín moito as cousas irán mal porque terei que facer fronte a moitos cambios con responsabilidade eu só... Pero antes de pensar... admiremos as cores... esas cores que pululan polo espazo... esas cores que nos aledan a vista, que nos aledan a vida...

Sempre necesitan explicacións...



"Dibuxei entón o interior da serpiente boa a fin de que as persoas grandes puideran comprender. Sempre necesitan explicacións... "

A min gústame explicarme, pero comprendín que dar explicacións é de xente maior, así que quen non o comprenda é porque quere buscar unha explicacióne non a atopa. A fin de semana deu para moito. Rosa portouse moi ben comigo, axudoume a arrombar a estreliña. Se ata deixou de lado os seus xoguetes para axudarme, aínda que tivo tempo para o seu xoguete máis preciado.

O estreliña estaba bastante patas arriba debido ás visitas que tivera. Desas visitas quedáronme dúas cousas, certas conversas coa luz apagada e un coñecemento máis profundo dos inquilinos do lado. O corazón é moitas veces tema de conversa, pero a ausencia del tamén pode ser conversa en si... Como dixen con anterioridade, é moi fácil dar consellos, pero o máis difícil é cando se pode entrever que a xente se quere equivocar, e se equivocarse é duro, se o fas querendo pode ser máis duro aínda... Este principiño cre que está crecendo demasiado, o que conleva á perda da súa inocencia, cando ve que quere demasiado aos seus e é consciente diso, porque non hai nada máis bonito que "querer con todo o teu corazón e non darte conta", porque así non estás esperando compensación. O dito, este principiño vaise de viaxe en busca de estrelas lonxanas, só espera que o seu pequeniño corazón se manteña latendo e aguante todo o que ten para dar.

P.D. Grazas polas conversas, aínda que non sexan tan interesantes coma os da mesa do lado ;)