O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Friday, September 29, 2006

Agridoce...

Ás veces pásalo ben pola Galaxia, ata diría máis: mellor que ben... pero cando o pasas moi ben daste conta de que tamén botas de menos aos teus amigos, ás túas mascotas alí contigo, creo que un non só debe de darse conta de quenes son os seus amigos nos malos momentos, senón nos bos, naqueles que che gustaría que estivesen ao teu lado para compartir ese momento.
Si botar de menos é unha sensación moi rara, de ledicia porque lembras aquelo que queres, pero de pena porque non o tes aí...
Vai por ti e ti, por ti e por vos...

Wednesday, September 27, 2006

Traballo ben feito...

Dá gusto ir vendo paseniño como vou facendo o que debo... pouco a pouco vexo como vou deixando estreliñas atrás coa ledicia de que as deixo ordenadas e con bo sabor de boca.
Isto dáme forzas para seguir e encarar novas estreliñas...
Continuamos a viaxe pola Galaxia.

Un principiño traballador.

Thursday, September 21, 2006

Sorriso...


Gústame ver sorrir. Quero ver sorrir. Quero sorrir. O sorriso é moi bonito, sobre todo da xente que aprecias, xa que suponse que é feliz...
Sorride...

Wednesday, September 20, 2006

Dimo...


¿Nunca vos pasa que cando queredes escoitar algo nunca o escoitas?, ¿que cando queredes que vos digan algo, non volo din? ... ¿que cando NON queredes escoitar algo... sempre volo repiten? ... e para colmo o que queredes escoitar, escoitádelo pero non para vós... Si, a vida é moi caprichosa... ou cruel. Empíricamente a vida non é xusta, e para iso o refraneiro popular ten para todos os gustos: "Dalle Dios pan a quen non ten dentes"... xa se sabe que a diferencia entre bo e tonto cada vez está máis próxima... ás veces podes sentirte tantas veces tonto que as cousas boas que fas non che importan... éche unha pena non sentirse agradecido, faiche replantexar moitas cousas... a ver ata cando...

Monday, September 18, 2006

...


¿Que facer neste momento? Non sei, creo que me perdin na miña estreliña e non sei atoparme. Non vexo, non son capaz de ver máis alá da miña oscuridade. Non sei que facer, teño moito medo. Só quero recuperarme.

Wednesday, September 13, 2006

Momentos límite...


"-¿Que fas aí? -preguntou ao bebedor que estaba sentado en silencio ante un sen fin de botellas valeiras e outras tantas botellas cheas.
-¡Bebo! -respostou o bebedor con tono lúgubre.
-¿Por que bebes? -volveu a preguntar o principiño.
-Para esquecer.
-¿Para esquecer que? -inquiriu o principiño xa compadecido.
-Para esquecer que sinto vergonza -confesou o bebedor baixando a cabeza. "

Ás veces non sabes se é porque non podes máis ou porque é a túa natureza, pero sintes ganas de marchar a outra estreliña ben lonxe... moi lonxe, esquecer a realidade e evadirse dela, de todo iso que te oprime. Non da forma que atopei na estreliña de arriba, xa que o comezo deste relato é un guiño para os meus amigos aqueles que "crearon un monstruo", senón dunha forma máis acorde á vida dun principiño, é dicir, ledo, contento e coñecendo novos mundos... o problema e que non podo ou non quero poder...

Thursday, September 07, 2006

Mirar... / Ver...


Mirar, observar, ver... ¿Por que nos gusta tanto ver o que lle pasa aos demais? ... Dende a miña estreliña créase un halo que me deixa observar moi ben as estreliñas próximas...



Ás veces creo que tería que solucionar un tema, pero a vida deume a ver que non me teño que meter... pero creo que debería solucionalo, aínda sabendo que o que sairía perdendo sería eu... ¿Fareino outra vez?, ¿metereime onde non me chaman?... Creo que debo de cambiar de estreliña que senón voume sentir tentado...

Saturday, September 02, 2006

Os meus defectos...


Son consciente dos meus defectos... Son moi novo de espírito, pero creo que algunha experiencia na relación coas persoas teño... e a iso non lle poño idade. Sei como son, e cústame aceptar moitas veces aquelas cousas que non fago ben, pero despois dese primeiro momento de vergonza propia e de rabia por non detectalo a tempo, vou aceptandome, porque son eu e sobre todo porque nunca teño un atisbo de maldade. Podo ser mellor ou peor, podo facer dano sen darme conta, podo parecer máis ou menos sensible, pero o que sempre terei claro, despois de viaxar por estreliñas e botarme de moitas outras é que crezo como persoa todos os días que me relaciono.
Cada quen interpreta aos demais e ten unha visión dos demais, pero eu aprendín a que sexan os feitos os que falan, sempre e cando teña un coñecemento de quen os fai. O bonito é que aprenda todos os días dos demais, e sobre todo que sempre me sorprendan gratamente. Nunca se coñece aos demais ao 100% e tampouco quero, porque non nos coñecemos a nós en plenitude.´
Sei que as circunstancias cambian, pero sei que as persoas, como as estrelas poden estar aí, e só quero que estén para poder admirar a súa beleza e visitalas.