O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Monday, July 31, 2006

Ocaso...

Wednesday, July 26, 2006

"Mirábame con meu martillo na man, os dedos cheos de graxa e inclinado sobre algo que lle parecía moi feo.
-¡Hablas como as personas grandes!
Avergonzoume un poco. Pero el, implacable, engadiu:
-¡Confúdnelo todo!…!todo o mesturas!…
Estaba verdadeiramente irritado; sacudía a cabeza, axitando ao vento os seus cabelos dourados.
-Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado, que nunca cheirou unha flor, ni mirou unha estrela e que xamais quixo a ninguén. En toda a súa vida no fixo máis que sumas e restas. E todo o día pásao repetindo coma ti: "¡Son un home serio, son un home serio!"… Ao parecer isto énchelle de orgullo. Pero non é un home, ¡é un hongo!"

Non quero crecer en idade, só quero crecer e medrar por dentro... Non quero ser serio, senón que quero ser alegre porque iso axuda a todos, ata a min...

Monday, July 24, 2006

Lost...

Din que "nunca es tarde si la dicha es buena", esperemos que non nos "perdamos polo camiño" e que o que comeza hoxe, esta semana tan intensa, remate ben... sobre todo porque estaremos preto da Catedral e non sei eu se alguén terá un plan para derruila en breve ;)
SENTIMENTOS
MEDO, ORGULLO, PREXUIZOS, LEDICIA, ...
Sentir faite ser persoa, pero o que digo eu sempre é que lle deamos cabida aos
SENTIDOS
MIRADE ao voso arredor, pero non cos ollos, e vede o que hai e o que verdadeiramente tedes, non o desperdicir; ESCOITADE, si, aprendede a ESCOITAR, que FALAR dásevos ben, ás veces demasiado; e sobre todo TOCADE, deixade fluir todo ese sentimento a través dos roces, apertas, abrazos, caricias, bicos, ... para poder gardar as lembranzas a través dos CHEIROS...
SENTIDE COS SENTIDOS

Friday, July 21, 2006

A conta atrás...

Queda unha semana... o que me aprenderon durante a miña curta existencia foi a celebrar todo o que poida, hai que aproveitar que se pode celebrar, e iso fago e farei, este principiño de seguro que saberá divertirse e divertir aos demais. Espero que me acompañedes, xa sabedes que un servidor non se pode divertir (plenamente) sen vós...

Wednesday, July 19, 2006

Medo



Teño medo, medo a un mesmo, medo ao pai, á nai, á autoridade, ao traballo, á vida en xeral, son medos que poden catalogarse como normais sempre e cando non interrumpan ou coarten a actividade xenérica da persoa.

Cando viaxo pola Galaxia teño medo de non ver o meu reinado, de non voltar á miña estreliña, de non ver as miñas mascotas, de non ter a onde ir.

Tuesday, July 18, 2006

... y prejuicio.

... todos os seres humanos tendemos a categorizar o mundo que nos rodea para poder manexalo e entendelo mellor...

A categorización non ten que chegar a casos extremos, porque pode levar a prexuizos... eses prexuizos ou categorizacións extremas fan que non vexamos as persoas como son en realidade.

Este principiño escoitou onte unha frase: "nunca coñecerás a ningunha persoa tal e como é, iso é imposible". Asi que hai que ter coidado e non intentar categorizala para autocrerse que a coñecemos... Non intentes saber máis do que podes e queres, os prexuizos pararante.

Thursday, July 13, 2006

Orgullo


"-E non prolongues máis a túa despedida. Posto que decidiches partir, vaite dunha vez.
A flor non quería que a visen chorar: era tan orgullosa..."

O orgullo é a falta de recoñecemento de que a nosa personalidade non forma parte de algo simplemente marabilloso, é o amor propio do ego que chegou a crerse que é real. Os habitantes da estrela máis próxima non poden ler a marca do noso reloxo ... dicindo a verdade... non creo que lles importe...

Monday, July 10, 2006

Os Cabaleiros...

Tratábase de cambiar de aires e evadirse nesta viaxe, e mira por onde os aires comezaron moi perfumados, e que conste que os necesitaba, jajaja:

Coma sempre despois deses bos cheiros, voltou o de sempre, ese pequeno cascarón que tantas lembranzas nos trae:


Comezamos desta vez a verlle a utilidade a algo que hai un ano só era un adorno:


Ata tal punto que nos vonvertimos en case uns profesionais, sobre todo unha amiga moi volátil e máis este benquerido principiño:


Rematada a viaxe por esa estreliña e xa non vendo a torre vixía ao lonxe voltamos surcar os mares como vos bucaneros, onde a conversación deu para choros e lágrimas, jajaja:


E o cúlmen da identidade desta viaxe foi un animal, ese animaliño que tantos rompedeiros de cabeza lle trae a moitos:


E antes de que se aprobe o plan urbanístico do novo alcalde do século XXI, rematamos con este monumento, que aínda que a miña mascota diga que non durará douscentos anos... só dicirlle que xa leva moito máis en pé, jajaja, ;)


Deu apra moito, e iso que foron pouco máis de 24 horas.

Wednesday, July 05, 2006

O principiño emigrante.

Eu non son estranxeiro, eu son de onde me sinto, non de onde estou ou de onde nacín. Son de onde me sinto querido e de onde quero...

Tuesday, July 04, 2006


"Pero sucedeu que o principiño, habendo atravesado areas, rocas e neves, descubriu finalmente un camiño. E os camiños levan sempre á morada dos homes."

Ás veces as emocións non teñen unha causa concreta. Hai veces que te sentes contento, alegre, ben polo simple feito de que non pasa nada malo, non hai malos sentimentos ao teu arredor. Pódese estar máis feliz, pero o simple feito de que as cousas vaian ben son suficiente causa para a autosuxestión. As cousas de Palacio van ben, dirixilo é un reto, pero dá bastantes satisfaccións. O traballo nunca é duro cando te sintes realizado. A miña mascota tamén anda pululando ao meu arredor e iso dame seguridade e o sosego que sempre me dá. Manteño conversas co meu ben querido Rei da estrela 469, aínda que teñan que ser a unhas horas un pouco raras, pero a min gústame escoitar e a el falar, coma nos vellos tempos… e hai momentos para as viaxes por estreliñas fóra do habitual, o sector K 10 é bastante novidoso. Espero que esta sensación dure tempo, que a xente sexa capaz de ver que os que te rodean teñen que encherte e axudarte a crecer por dentro e non a pensar que te solapan… xa que iso non é amizade, senón que é competitividade.
Adicado ás mulleriñas da fruta e ao meu benquerido Rei, pa darlle forzas.