O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, January 31, 2007


Este principiño vai vivir o meirande evento da historia da Galaxia, os preparativos comezaron, a lista de invitados estase fraguando... Teño moita bagaxe neste tipo de situacións debido ao meu carácter... pero isto será memorable... A clave de todo será a elección do color adecuado, jajaja...
Só me quedei na miña estreliña, e tras horas de soidade un dase conta de que a linguaxe e a comunicación son importantes, sobre todo na realeza.
Vermello, que saibas que si, si, si, si, si, si, si, si, si... aínda que eu seguirei queréndote igual, jajaja, e procura que certas persoas achegadas a ti non elucubren sobre os demais, que irá na súa contra ;)
Pasa o tempo e si, pasa moi rápido, xa vai alá outro, esperando ver aquilo que desexa un principiño de pouco máis de metro e medio. A solución é non esperar nada en especial, así poderás sorprenderte gratamente todos os días... porque sopresas sempre hai...
Sorte Rosa e sorte Violeta, jejeje, a ver o que pode facer Cris por ti...

Tuesday, January 30, 2007


Estes días foron do máis interesantes. Cuan engañado fun a aquela proba onde todo estaba decidido, pero sempre hai que sacar o lado positivo: unha experiencia máis que teño que contar. Sempre me podo pechar na miña estreliña lembrando as posibles respostas correctas... pero o destino non son eu, senón que me vai levando a onde eu queira...
O mellor, o anxo da garda, jejeje, tamén teño que agradecer as apertas dadas polo outro anxo que me fixo descubrir que o cariño si se pode dar sen pedir nada a cambio... Lembrareime sempre que ata parecías interesado...
Enganado en grao sumo a noite parecía o único que vería na viaxe destes días, pero non... existe a luz, pero non a que irradia a túa tez cada vez que se reflicte na miña faciana, senón a dos teus ollos que me enchen... ¿ata que punto? Pois iso nunca o saberei.
Déixate levar que como dixen unha vez sentir fai que saibas que estás vivo...
Rosiña... fixéchesme rir, jajaja, ti non sabes o que é un piropo, jajaja. Pero tranquilo haberá momentos para botalos, ;)
Violeta, a vela xa está posta, pero nunca se sabe, que ultimamente está moi atarefado con tantos puntos que sacan, e non sei eu se terei liña directa, pero intentarase...
Señoritas... ¿Xoves? ;)

Thursday, January 25, 2007

A voar...

Desplegar as alas coa súa maior capacidade e coller forzas para sair a voar... libre... con esa liberdade que che da ter un fogar e unha vida por diante.
A ilusión é o que me move... como me dixeron un amigo "é a posibilidade de realizar un soño o que fai que a vida sexa interesante" ;)
Continuamos viaxando pola Galaxia... Grazas neno por apoiarme e facerme feliz...

Tuesday, January 23, 2007



Dende Roma a Grecia, todo aderezado con choiva... asi é como foi...

Este principiño acaba de decatarse dunha característica da súa personalidade moi pequeniña pero que me fai gracia, porque me fai feliz, jajaja... a sinxeleza da boa fe... ¿Cantas persoas coñecedes que sexan boas? Solto esta pregunta ao aire...

A partires de agora verei o número 15 doutra forma e as reaccións da xente aínda que pareza mentira din moito, por moi ínfima que pareza todo ten un sentido e unha causa, aínda que a xente pense que non.
Unha sensación apodérase de min: a da ausencia. Hoxe notei que algo estabaausente, si... a ausencia dalguén que non está... raro, porque notaba a ausencia, cando debería ser ao revés, ¿non?

Monday, January 22, 2007

O eterno retorno


Sensación moi estraña... voltei a xaneiro do ano pasado.

A actuación foi a mesma, fronte a verse retrasado na carreira voltou a facer o mesmo: atacar intentando adiantar pola dereita: ¿o problema? que pasará o mesmo, que perderá e deteriorará , coa conseguinte escabechina entre os participantes... en fin...
Espero saber capear esta situación coa bagaxe de todo un ano de reflexión.
Aínda que o peor é ver como se monta outra vez o paripé, e estar no medio...

Thursday, January 18, 2007

Mírame



Este novo planeta inquietante atopeino despois de moito buscar...

Mírame e non o podo deixar de mirar...

Atráeme e non podo escapar...

Quero telo e non o podo alcanzar...

¡¡¡Que raro se me fai!!!

Seguireino a ver ata onde me leva...

Monday, January 15, 2007

...


Esta sensación percorreu o meu pequeno corpo de Principiño varias veces esta fin de semana. Os meus riciños dourados erizáronse ao sentir iso. Viaxes entretidas e divertidas encheron estes días, mais un nunca se espera sentir iso de súpeto...
DESEXOS:
- Que esa persoa que tan ben traballa comigo manteña ese humor e ese repouso destes últimos días, que me gustan moito as viaxes nas que se entera un de familias unidas para todos os aspectos (pobre mulleriña de 70 anos, jejeje, e eu quero ser o neno de 13... ¿onde están as veciñas????) que sigamos construindo traballos publicacbes en Interviú, jejeje...
- Que certa mulleriña non se raie tanto, que vai sendo horas, e que se centre...
- Que certa axenda siga escribíndose con bos sentimentos, repleta de boas cousas... xuntos a maioría das veces e que para o ano ma poidas regalar ti tamén... e así durante moitos anos... sen interrupcións, e que saibas que a carta que che prometera a teño escrita, pero non cha mandei... dame pena desprenderme de certos sentimentos e interioridades, pero fareino, porque é para ti...
INCERTIDUMES:
- ¿E agora que?... calma... calma... calma...

Thursday, January 11, 2007

Perfume...


O que nos fai a todos diferentes... levámolo dentro.
Só uns poucos saben diferenciar iso polos sentidos, pola vista, polo olfato, polo tacto... ¿pero a nosa esencia cal é? ¿Un cheiro?, ¿unha imaxe?...
¿Somos tan simples de crer coñecer ás persoas pola súa imaxe? ¿Alguén se percatou do olor dos amigos? ¿e dos amantes? ¿e dos momentos?...
Si, eses momentos que quedan gardados no subconsciente só polos cheiros...
O olfato... ese gran sentido esquecido hoxe en día...

Monday, January 08, 2007

"Quiero que surjas en mi como la fe en los desesperados"

Creo que había tempo que non tiña esa sensación... e sempre chegan da mesma forma. Cando non buscas, cando non necesitas esas frases pois atópalas onde menos o esperas... Paréceme preciosa: debe ser que a desesperación é un sentimento moi intenso, ou o inesperado do seu surximento... pero fíxome lembrarme de sensacións, de casos e de situacións... ¿Cantos se desesperaron algunha vez?... ¿cantos tiveron tal explosión de sensacións coma a da frase de arriba? As viaxes polas estreliñas son inexcrutables... e inexorables... ;)

Friday, January 05, 2007



¡Que bonito é dar presentes! (e recibilos... claro). Sempre me encantaron estas datas porque me gusta ver a cara da xente cando recibe... sobre todo a dos nenos, aínda que algunhas persoas non tan nenas se ilusionan máis, son as persoas que teñen esa inocencia... esa bondade... ¿Que vos traerán os Reis? Este principiño está ensaiando repartindo regalos...