O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Friday, March 31, 2006

Festas varias



Xa van comezar os festexos. Levo preparando a miña estreliña para estas datas dende que cheguei a estos lares. Todos os que me coñecen saben que me gusta celebrar festas e estar rodeado das miñas mascotas, amigos e coñecidos. Esta fin de semana tamén hai máis aniversarios, o da Princesiña, a duns tolos e o doutros paxariños moi próximos ao meu corazón todos eles. Eu cando celebro unha festa intento pensar que significa para min: neste caso podo dicir ben alto e claro que son do máis importate que pasaron, pasarán e pasan pola miña vida. Pese a todo isto estou algo tristeiro, debido a que esta mañá vin algo que non me gustou. Estaba percorrendo a cara norte do sector das estrelas 450-466 e atopeime co que non quería ver... mirei e vin falta de madurez, vin falta de personalidade, vin falta de confianza... Espero superalo, polo menos hai uns días vin todo o contrario, beleza, moita beleza e moita amizade nas miradas.
O principiño desconcertado...

Homenaxe aos números: Quérovos moito




2 - 2

2 - 3

2 - 4

Sensacións


Onte foi día e noite de sensacións. A miña estreliña estaba patas arriba porque as miñas mascotas andiveran facendo das súas. Houbo de todo: dende sensación de escalofrio que me percorreu todo o espiñazo ata unhas boas miradas multicolores. Cando espertei e vin que todo estaba sen arrombar outra vez díxenme para min "Oi, este día non promete". Todo foi sair á estreliña 436 que á volta (retrasado pola conversa do meu querido Rei) que as cousas estaban peor. Crin que me pasaría coma hai un par de semanas, só a posibilidade de que non arrombar a habitación unha semana máis fíxome espabilar. Rosa e Vermello estiveron quedos despois da conseguinte mirada que lles botei.
A última hora do día pensaba que a cousa podía empeorar, pero non... un principiño coma min non se pode permitir o luxo de perder un día sen mirar, sen observar, sen entrar no interior da xente para que lle conte o que acontece. Aínda así hai demasiado polvo de estrelas pola Galaxia que se me mete nos ollos e non me permite mirar ben, espero que se difumine, xa que non o controlo eu e non podo facer nada.
Espero que todo continúe ben polo menos para descansar de conversas que non me incumben e que poden ir na miña contra

Thursday, March 30, 2006

Grazas de veras...



"Grazas de veras..." canto poden encher unahs palabras... só por facer o que un cre, sinte e quere... "sentirse apoiado" é o mínimo que se pode facer.

Apertas... e xa sabes que nunca se quere de máis ... ata a un amigo.

Wednesday, March 29, 2006

Dar consellos...


Onte cheguei á miña estreliña, estaba canso. A media tarde o principiño sufriu un colapso... Necesitaba desconectar. Vermello e Rosa portáronse moi ben, pero creo que eu non fun moi grato. Onte foi un dos poucos días que durmin coas miñas mascotas, había moito tempo que non o facía pero agora síntome mal. Falar e dar consellos sempre é moi fácil, e eu decidira non meterme onde non me chamaran e ás veces fágoo sen querer. O principiño bota de menos a Amarelo... era a única mascota que se lle escapou das mans sen poder facer nada... pero tamén era a única mascota que lle deu todo... Onte soñei, e non me gustou nada o meu soño. Creo que os soños reflicten moitos dos nosos temores, só espero que non se repitan. Quero ser mirado... outra vez...

Tuesday, March 28, 2006

A beleza



Ás veces pregúntome onde está a beleza. Como inflúe a beleza na nosa vida e como sabemos admirar a bleza das cousas. Hoxe descubrín a beleza dunha persoa. Estaba falando con ela, mireina e vino. Sorprendeume moito. Pensaba que non atoparía tanta beleza dentro dun ser humano. Creo que valeu a pena levantarse só por decatarme diso. Si, estaba ao lado, sabía, vía e intuía que era fermosísima, pero foi xusto cando voltei mirarlle aos ollos cando vin todo iso, foi un segundo... un segundo que lembrarei como lembro as datas eu... aquel 28 de marzo re-descubrína a beleza desa persoa que estaba falando comigo. Sei, desexo, espero, intúo e aseguro que esa beleza non sexa efémera e marchita coma a das flores, coma a desta orquidea. ¿Ves a beleza? ¿Tes beleza? ¿Venche a beleza? ¿Cantas persoas hai que non ven ou non lles ven a súa beleza? Inxustizas...

Monday, March 27, 2006

O meu pasado...(I) Familia e mascotas.


Levo poucos días na miña estreliña, pero atopeime con outro principiño e deime conta que aínda non expliquei de onde veño e cal é o meu pasado. Así que vou intentar comezar a contar algo, pero xa se saberá pouco a pouco. Vai por ti principiño:
Non me lembro de cando nacín, é moi raro, porque a miña primeira lambranza é de cando xa era grandiño, non de bebé. Eu sempre me lembro tal e como son, non me vexo os cambios. A miña árbore está composta polos meus pais e pola miña irmá (o REY, a RAIÑA e a PRINCESIÑA). Son o que máis quero. Cando cheguei a unha idade, abandonei o meu planeta e puxen rumbo cara ao descoñecido (é o que fan todos os principiños...). Levo moitos días, meses e anos vagando polas estrelas, buscando unha na que asentarme. Neste periplo tiven moitas mascotas que xa falarei longo e tendido delas, pero as que máis me marcaron foron:
- Negro: Dende moi pequeniño estiven con ela, foi crecendo comigo, pero ela tivo que marchar a unha estrela moi lonxana... dentro de pouco vai vir verme.
- Verde: E todo o contrario a min, pero complementámonos perfectamente, é unha das mascotas que sei que sempre me espera na súa estrela e visítoa habitulamente, está na miña segunda estrela da infancia, aquela que deixei hai 3 anos.
- Añil: Tamén é unha das primeiras mascotas que tiven, é moi divertida e sempre está aí, aínda que agora lla dei a outro principiño que a necesitaba máis. Son moi felices xuntos.
- Amarelo: Foi a mascota que máis quixen en todos os sentidos, pero marchoume e non sei onde vai... se alguén a ve que mo diga... ao estar ao seu lado era feliz...
- Azul: Esta mascota marchou hai 6 anos, e converteuse nunha estreliña que me alumea e me guia na miña viaxe. Foi un día moi triste aquel 20 de novembro...
- Vermello e Rosa: É unha das mascotas que teño agora. Quéroas moito e sei que as manterei aí porque o valen...


Estes días foron bastante sosegados na miña estreliña, así que fun ver a 169. Non había ninguén, nin nada... Pero de algo me serviu. Estiven con Rosa e Vermello. Vermello miroume e estivo falando un bo rato, había moito tempo que non falábamos, aínda que non o fixemos de todo ben, creo que ten medo a perder o tempo en conversas comigo. Tamén estiven intercambiando miradas con Rosa. Gústame falar con el. A súa forma de razoar, centrarse e mirarme cando falamos dáme ganas de seguir facéndoo. Rosa está moi feliz e a min gústame ver a súa felicidade. Vermello pensa que é feliz e quere ser feliz, pero non llo vexo na súa mirada, e iso que llo intento dicir, pero el nunca quere falar comigo (a sóas e con tempo). Isto de falar dame máis ganas de falar, vou ver se vexo a ese Rei do outro día, que a el gústalle falar (porque sempre ten súbditos que o escoiten...)

Friday, March 24, 2006

A miña primeira visita


Onte á volta da estrela 436 Vermello e Rosa estaban na miña estreliña. Vermello non me mirou... está raro. Non son das persoas que pense que teño que educar a Vermello. Esperarei a que me mire. Rosa miroume e estivo xogueteando coa súa balanza ao meu carón. Estaba eu nestas cando veu un Rei (supoño que será rei pola súa coroa) e díxome:
- ¡Ola mi súbdito!
Eu díxenlle:
- ¿Como son o teu súbdito se nunca nos vimos?
El explicoume que ao ser de sangue real e de menor rango pois era o seu súbdito... E a min tanto me dá. Así que estivo falando e falando e falando... A este Rei gústalle moito falar, (a min tamén) pero creo que escoitar enriquece moito máis. Estou aprendendo a escoitar.
No fondo creo que lle teño medo a este Rei, pero cáeme moi ben, é a primeira visita na miña nova estreliña. Espero que non sexa a última e que poida chegar a ser eu un rei tan bo coma el cando sexa maior.

Thursday, March 23, 2006

A miña caixa

Esta é a miña caixa, de seguro que a coñecedes, dentro estaba un año moi pequeniño. Moitas veces era a única compaña que tiña... Decidín desfacerme dela, pero teño un problema, que a xente me trata comos e tivese a caixa. Tento estar sen ela, pero todo o mundo dá por suposto que a teño que ter. ¿Por que a xente non ve que xa non teño a caixa? ¿Non me ven sen ela? ¿Por que me tratan como se aínda a tivese ao lado? Sei que pasará moito tempo para que a xente me vexa sen a caixa... Agora vou ata a estrela 436... seica alí hai un Rei ou un Príncipe... teño ganas de falar con alguén...

A miña estreliña


Este é a miña estreliña. É algo pequecha, pero é todo o que necesito para ser feliz. Como as miñas mascotas andan por aí nunca temos problemas de espazo. Quero mercar algo para facela máis bonita, pero aínda non sei o que. Con esta foto xa está presentado o máis importante do que me rodea.
Agora tentarei arrombar ben a miña estreliña e espero que me veñades visitar, son moi bo anfitrión.

Rosa


Este é Rosa. Sempre vai con esas cousas na man. Eu sempre xogueteo con esas rosas que leva, cheiran moi ben e a min en xeral gústanme as flores. Rosa é moi fermosa. Ten unha mirada moi sentimental. Ás veces non sei por que chámame "amigo" e eu quedo en paz comigo mismo. Anda sempre voando ao meu arredor, sempre o teño que deixar aos seus menesteres... pero no fondo non podería estar sen el... dame o que ninguén me dá... sosego. Xa veredes como vos gusta Rosa. Pasarédelo moi ben con el... é moi gracioso.

Vermello


Este é Vermello, unha das miñas mascotas. Sempre lle gusta sobresair, por iso o presento antes que Rosa. É fermoso, e sempre chama a atención as súas ás. Ás veces cando se aburre ponse a tirarme flechas co seu arco, e mira que non me gusta, pero non o fai con maldade. É un soñador innado, pero a min gústame as historias que me conta, sempre ten algo que contarme. Cando cabalgamos xuntos son feliz, porque me dá paseos polas estrelas do lado. Non sei cando o coñecín, pero creo que antes ca Rosa.

O principiño da estrela do lado en persoa...



Este son eu... agora creo que estou algo máis cambiado... teño que emrcar une spelliño para poder verme, pero teño medo porque ao mellor se me miro vexo o que son de verdade, ou peor aínda vexo algo que non quero ver... Así que ao non ter un espelliño non teño a tentación de verme como son.

Acabo de chegar...

Ola, acabo de chegar a esta nova estreliña... teño que poñerme a arrombar todo, aínda que estou canso hai cousas que se deben facer... Ademais, terei que coñecer o meu vecindario, e socializarme un pouquiño... Vémonos pronto, cando esté máis asentado. Tamén vos presentarei as miñas mascotas, chámanse vermello e rosa... pero xa haberá tempo para as presentacións...