O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, April 12, 2006

Descanso...


"¡Non souben comprender nada entón! Debín xulgala polos seus actos e non polas súas palabras. ¡Perfumábame e iluminábame a vida. Non debín fuxir xamais! ¡Non souben adiviñar a tenrura que ocultaban as súas pobres astucias! ¡Son tan contradictorias as flores! Pero eu era demasiado mozo para saber amala".

Todos necesitamos descanso. Creo que ás veces demasiadas emocións son prexudiciais para a saúde dun principiño. Sentir faite ser humano, pero sentirte desgarrado fai ver que es fráxil. Esa fraxilidade de antano, que non podes voltar sentir percorrer a pel. A experiencia faiche ver que todo é cíclico, pero que hai veces que non podes facer nada... nin facendo o adecuado che saen ben sempre as cousas.
Vermello... comeza... xa sabes onde está a miña estreliña e xa sabes que te estou esperando.
Rosa, tamén te espero, pero para outros menesteres, eló?...
Violeta... na miña estreliña vas durmir mellor que eu na túa ;)
Verde... non me teñas en conta a tardanza... non dou para máis, pero xa sabes que cumplo as miñas palabras...

Un principiño canso...

3 Comments:

Blogger Os_Alumnos said...

ya hai una nueva mascota. es k el violeta tiene algo.

11:53 PM  
Blogger Os_Alumnos said...

fraxilidade...primeiro hai que aprender a combatela desde dentro. amosar debilidade non é malo, é humano, pero un non pode vivir asumindo a súa debilidade, non pode facer dela o seu estilo de vida.

11:56 PM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Nunca se pode poñer como bandeira da súa forma ou estilo de vida a fraxilidade, porque servirá ao principio, pero á larga vai na contra de todos... Aínda que combatela é ás veces arduo traballo...
:p

3:51 AM  

Post a Comment

<< Home