O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, April 04, 2006

Os baobabs


"Aínda que non me gusta o papel de moralista, o perigo dos baobabs é tan descoñecido e os perigos que pode correr quen chegue a perderse nun asteroide son tan grandes, que non vacilo en facer unha excepción e exclamar: "¡Nenos, atención aos baobabs!"
E só co fin de advertir aos meus amigos destes perigos a que se expoñen dende fai xa tempo sen sabelo, é polo que traballei e puxen tanto empeño en realizar este debuxo. A lección que con el podía dar, valía a pena. "

2 Comments:

Blogger James Hepburn said...

O problema non son os baobabs en sí, pensamos nós, porque en canto sabes que o son, xa podes apresurarte en arrincalo e olvidalo, para salvala tua estrela. O problema máis ben é cando non coñeces todavia a natureza dos baobabs e os confundes con outra plantas máis amables e agradecidas; enton os deixas medrar e cando te das de conta, ainda que non sexa demasiado tarde, sempre e máis traballoso, e pode causar moita máis dor. Pregoche que se sabes da existecia dalgún baobab en Sunset Boulevard te apresures en dicirmo. moitas grazas.
Norma & Jmaes

3:51 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Estimado James... eu sempre aviso dos baobabs, o problema é que a xente non me fai caso, e para máis inri eu síntome mal se a xente non se dá por aludida. Creo que todos somos capaces de velos, pero estamos habituándonos a velos entre nós, e iso é malo, porque se nos parecen normais comezarán os problemas de verdade. Dende aqui fago unha chamamento a todas as estreliñas e os seus inquilinos: non vos habituar aos baobabs, exterminádeos, destruídeos, por moi bonitos que parezan, asi todo irá mellor. Rosa non deixes que medren, Vermello sacáos xa...
O principiño xardiñeiro.

5:16 AM  

Post a Comment

<< Home