O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, April 05, 2006


"En efecto, no planeta do principiño hai, como en todos os planetas, herbas boas e herbas malas. Por conseguinte, de boas semillas salen boas herbas e das semillas malas, herbas malas.
Pero as semillas son invisibles; dormen no secreto da terra, ata que un bo día unha delas ten a fantasía de espertarse. Entón alóngase extendendo cara ao sol, primeiro timidamente, unha encantadora ramiña inofensiva se se trata dunha ramiña de rábano ou de rosal, pódese deixar que creza como queira. Pero se se trata dunha mala herba, é preciso arrancala inmediatamente en canto un saiba recoñecela.
No planeta do principiño había semillas terribles… como as semillas do baobab. O chan do planeta está infestado delas. Se un baobab non se arranca a tempo, non hai maneira de desembarazarse de el máis tarde; cubre todo o planeta e perforao coas súas raíces. E se o planeta é demasiado pequeno e os baobabs son numerosos, fano estallar".
Canta realidade hai nestas palabras... creo que as mellores reflexións non están en grandes libros de filosofía, senón ans pequenas historias de principiños.

O príncipiño agricultor.

3 Comments:

Blogger amarante said...

estou mirandote fixamente,,,nos ordenadores...mírote.

10:21 AM  
Blogger amarante said...

Ou che?

10:21 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Estimada xarabiño... o de asegurarse é abstante fácil, son moi características esas prantas... O problema é que se reproducen que dá gusto, e por suposto que a miña estreliña non se libra, aínda diría máis, mira que me saen baobabs ultimamente...

1:12 AM  

Post a Comment

<< Home