O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, December 28, 2006

Sensacións esquecidas...

¿Hai canto tempo non te estremeces cando alguén respira no teu pescozo? Esa sensación da respiración no teu colo. Hai tempo que non pensaba nas sensacións físicas: o roce do terciopelo nas uñas, unha bágoa esbarar pola meixela, unha pestaña pola cara, ... esas pequenas sensacións que non lle damos importancia no día a día... ver unha pupila dilatarde a menos de dous centímetros de ti... e o mellor de todo, cando cheiras o pelo dalguén e che trae lembranzas e sensacións inolvidables... como unha gota cando cae na auga, así se expanden as sensacións...
Hai que utilizar máis os sentidos máis esquecidos, o olfato, o tacto, ... o paladar... ¿a que sabes? fai a proba, é moi interesante saber a que saben os demais...

Tuesday, December 26, 2006

Novos Tempos...


Ruido, moito ruido: risotadas, comentarios, conversas e todo aderezado con moita comida e bebida. Así son estas estreliñas nas que andamos, e a próxima aínda superará a esta... pero de súpeto, o silencio e a normalidade diluida.
Comentarios: Houbo algún para a sorpresa e a gracia (ese rei cantarín), outros para a monotonía e o de sempre, que foron os primeiros en borrarse... outros estaban coa rutina e a soidade (falsa soidade), e outros para un simple quérote escondido por aí ... o mellor é que son o reflexo do día a día, hai que ser detallista e quen o é nótase en todos os momentos, e quen é un toxo éo sempre. Tempos Novos en vellos momentos. Novos Tempos en novas vidas.
Que esa estreliña nos guíe pola Galaxia sen emternos en grandes oscuridades...

Monday, December 18, 2006

Todo segue...

Todo segue, despois de rematar a viaxe desta fin de semana... hai que continuar con outras viaxes e estrelas. Aínda que esta estreliña foi bastante caótica, un sempre aprende moito e aprehende moitas cousas. As mascotas portáronse moi ben e eu sempre intentei facer esta viaxe con dignidade e coherencia, aínda que moitas veces, case sempre por motivos alleos, as cousas non sairon ben. Pero tamén creo que con disculpas ben prantexadas a xente é comprensiva.
Unha espiña quédame aí cravada pola flagrante metedura de pata que espero se den conta que cometeron certas persoas, pero fixen (fixemos) todo o que estaba na miña man para que os implicados non se sentisen insultados (aínda que pensandoo ben eu ao mellor sentiríame).
Rematado isto só cabe pechalo con dignidade e ben, recoller os froitos (poucos e escasos, xa o sei) pero merecidos cando menos. Espero poder repetir esta situación cos que me rodean, pero facelo mellor... simplemente ben, para que se vexa que podo e podemos melloralo con comprensión.
Grazas aos que estiveron, grazas aos que axudaron e grazas aos que me acompañaron.
Agora a continuar coa seguinte estreliña... coa seguinte viaxe... a Galaxia é moi grande e espero que as novas estreliñas me sorprendan gratamente.

Tuesday, December 05, 2006

Para unha mascota...

Felicidades Vermello

Friday, December 01, 2006

María pensó que el amor, era un mandamiento de dos y esperando el primer beso, se hace vieja ante el espejo, y limpia su llanto, maquilla sus heridas y se le va la vida.

Recuerda la primera vez, que le juró, que fué sin querer y en los hijos que vivieron, prisioneros de su miedo, María soñaba con ser la princesa, de los cabellos de oro y la boca de fresa.

María se fué una mañana, María sin decir nada, María ya no tiene miedo, María empiza de nuevo, María yo te necesito, María escapó de sus gritos, Se bebe las calles, María.

Ella nunca dice que no, es la esclava de su señor, ella siempre lo perdona, a sus pies sobre la lona, su patria es su casa, su mundo la cocina y se le viene encima.

Un día dejó el corazón, abandonado en su colchón, solo piensa en ver su cuerpo, ay! del quinto mandamiento, María no tiene color en la sangre, María se apaga y no lo sabe nadie.

Este principiño aprendeu onte que escapar dos seus gritos é unha boa opción. Ao quedarse só e sair só polas estreliñas aprendeu que María xa non ten medo... que escapou dos seus gritos e se bebe as rúas...