O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, April 06, 2006

A soidade, eterno retorno


Cando pensaba que non podería pasar, volta pasar... cando pensaba que se aprende dos erros, non se fai... cando penso que a xente está aí... non me mira... cando queres a xente... pasa de ti... que triste se queda un só...
"Mireno atentamente para que saiban recoñecelo, se algún día, viaxando por África cruzan o deserto. Se por casualidade pasan por alí, non se apresuren, rógollelo, e detéñanse un pouco, precisamente baixo a estrela. Se un neno chega ata vostedes, se este neno sorrí e ten cabelos de ouro e nunca responde ás súas preguntas, adiviñarán enseguida quen é. ¡Sexan amables con el! E comuníquenme rapidamente que regresou. ¡Non me deixen tan triste!"
"O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry

4 Comments:

Blogger James Hepburn said...

cremos que será reiterarnos, pero nuca está demais apoiar os que nos importan. as veces cremos que estamos sós e non é así, pode que non acontezan as cousas coma nos gustaría pero tampouco fai falla ser fatalistas. A Norma olvidárona durante moito tempo e, cando ocmezaron a recordala, non froi do modo que ela quería, pero todo se transforma, nós tamén e hai que loitar polo que queremos. agora Norma é inolvidable en moitos corazóns, o meu o primeiro. así que mira obxectivamente evalúa e loita, e se aínda así non consegues "seguir nadando" sempre poderás parar uns minutos en Sunset Boulevard... menos da unha pedra

3:26 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ola Glucosa, pois espero que sexa ironía, porque aqui este principiño non ten peripecias sós... mal que ben, sempre estou acompañado. A flor aínda non a coñece... xa lla presentarei. E créame, coñezo toda a flora que me rodea e sei diversificar e ulilas todas...
James, sei o que teño... e o que me rodea, o problema é que só eses seres tan raros que somos as persoas poden pedir perdón por facer algo que volta a caer máis adiante... Non sei xa se pasar ou tentar calmarme eu por dentro, proque un cánsase de moitas cousas...
As pedras tamén dan para moito.

O principiño psicólogo

4:45 AM  
Blogger amarante said...

Ás veces a soidade é algo provocado polo propio ser humano. Cremos estar sós cando realmente non o estamos. Debuxamos unha burbulla e imos flotando no ar...Eterno retorno. Non o creo. A soidade, repito, ás veces creámola nos sóíños.

4:52 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

A soidade de vez en cando está ben, o principiño necesita estar só de vez en cando para arrombar a estreliña, pero he aqui que ás veces a soidade é mala... e non a creamos nós soiños, senón que as circunstancias adversas fan que a tentemos evitar... pero que os demais te fagan sentir só e apartado tamén é moi triste, sobre todo en momentos que non quere estar só, nin debería.
Apertas dende a non-soidade.

4:57 AM  

Post a Comment

<< Home