O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, April 04, 2006

Verde

Hoxe Verde deume unha mensaxe... que quería que falase del. ¡Puff! As súas palabras son ordes para min, aínda que non sei se é o momento máis idóneo para facelo... Verde é a miña mascota dende hai moito tempo, aínda que el mo comunicou un 8 de marzo de 2000 (acabo de darme medo lembrando a data...) cando mo comunicou, que quería ser mascota miña. Verde, coma o seu nome o di, é esperanza, foi quen me inculcou a inocencia, a calma e o respecto... lémbrome de cando descubrin a primeira estreliña... foi con el... e tamén lembro as longas charlas que tiñamos (bueno, que eu lle obrigaba a ter... que el sufría). Agora está lonxe en espazo, pero non en corazón. Ten sempre unha nova compañeira que o segue (na foto saen moi favorecidos) e pronto terán novas mascotas que coidar...
Agora estará asustado pola última oración que puxen, pero como sabe a min dáseme moi ben asustalo...

4 Comments:

Anonymous Anonymous said...

Verde aínda lembra moitas das conversas, sobre todo as últimas, que non foron demasiado boas. Non obstante, bota de menos as outras, das que gozaba. Porque para el sempre foi un pracer escoitar, porque Verde é deses seres calados que prestan as súas orellas para que as oracións doutros seres non morran no esquecemento e servan para a reflexión, a esperanza ou a liberación. Verde non quere rematar este comentario sen dicirche que espera que volvas a descubrir outras estreliñas con el e que agarda que as súas palabras. Por certo, que Verde non quere ter mascotiñas de momento.

10:43 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Xa sei que non queres ter mascotiñas... Xa sabes que tivemos conversas de todo tipo, e xa sabes que eu borrei esas últimas (o cal agradezo para o meu ben) pero tampouco vou renegar delas, son miñas.
Quédame moitas estreliñas por descubrir, moitas que descubrín sen ti, pero tamén outras que nos esperan, e levan tempo esperando. Non deixes que as perdamos...
Un principiño esperanzado que non quere medrar...

10:58 AM  
Anonymous Anonymous said...

Por certo, cando queiras descubrir novas estreliñas podes vir ata a miña galaxia, porque ultimamente o Principiño está algo estancado na súa galaxia (certo que é das máis fermosas do universo), pero de cando en vez tampouco está mal visitar outras.

3:49 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Jajaja, aishhhh, ese Verde... xa me tardabas... A ver como fago, xa sabes como son e que sempre estou arrombando a miña estreliña... pero tranqui, haberá que ir a esa galaxia, que sempre me gusta andar de paseo descuibrindo novas cousas...
Apertas Verde.
Principiño colorido que nunca medrará.

3:52 AM  

Post a Comment

<< Home