O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, February 28, 2007

En can con sarna todo son pulgas...

Friday, February 16, 2007

Cara e cruz...



Esta semaniña foi movida, cambios de estrelas continuas... de todo un pouco.

Antes de nada dicirlle a unha amiga que se fará pase o que pase, sempre hai que celebralo e para a semana comezamos coa "Galaxy's party", onde virán principes e princesas de todas as constelacións, pero este principiño terá un papel improtante, va que si?

Hai que dicir a certa persoa que non xulgue a "xente chunga" porque un nunca sabe de quen se pode rodear ;)

Imos ver se a estrela das grandes urbes cumpre as súas promesas... tamén dicir que espero que chiki poida facer o que dixen e que o pase ben nesa estreliña fugaz...

Thursday, February 08, 2007

...

ADÍCAME UNHA CANCIÓN

Monday, February 05, 2007



Cantas veces me acompañas na miña vida.

Na Galaxia hai moitas, pero non coma ti...

Podo facer toda unha listaxe de momentos fermosos, tristes, especiais e divertidos onde estabas, sempre mirándome dende o alto, presente pero agochada...

Ti todo o ves e sempre me aconsellas... ¿Demasiado lonxe ou demasiado preto? Non o sei, pero mantente aí e vixíame...

Friday, February 02, 2007

Candela...

Din que no día de hoxe se casan os paxariños... pero o que significa o día de hoxe, é a búsqueda do camiño adecuado. Explícome. As candelas ou velas o que simbolizan é a comunicación co que está arriba para que nos vexa e nos guíe, que a luz acesa nos guíe polo bo camiño, polo noso camiño.

Así que dende unha Galaxia lonxana, nun planeta pequeniño, arrombando todo isto, acendo unha vela para que non se perda ninguén e que me guie polo bo camiño...

Felicidades para vós.