O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, November 29, 2006

MIRADE DENTRO DE VÓS,
AÍ FICAREI SEMPRE

Nunca unha frase me emocionara tanto... nunca un xesto me enchera tanto... unha frase tan pequena ¿como pode conter tanto significado? Creo que as persoas sempre vivirán se as lembramos no noso interior... sei que hai persoas que nunca morrerán porque as levarei sempre moi preto de min, aí agochadiñas. Sei que hai dúas mascotas que sempre me acompañarán aí e que onde estén falarán comigo. Que difícil é falar con elas candom están... e que fácil é facelo cando xa non están...
Dun principiño amigo para a súa mascota.

Tuesday, November 28, 2006

A estrela da indiferencia...

O CONTRARIO AO AMOR NON É O ODIO, É A INDIFERENCIA
Este principiño aprende todos os días cousas esquecidas. Aprende do esquecemento.

Thursday, November 23, 2006

Te dejo con tu vida
tu trabajo
tu gente
con tus puestas de sol
y tus amaneceres.
Sembrando tu confianza
te dejo junto al mundo
derrotando imposibles
seguro sin seguro.
Te dejo frente al mar
descifrándote sola
sin mi pregunta a ciegas
sin mi respuesta rota.
Te dejo sin mis dudas
pobres y malheridas
sin mis inmadureces
sin mi veteranía.
Pero tampoco creas
a pie juntillas todo
no creas nunca creas
este falso abandono.
Estaré donde menos
lo esperes
por ejemplo
en un árbol añoso
de oscuros cabeceos.
Estaré en un lejano
horizonte sin horas
en la huella del tacto
en tu sombra y mi sombra.
Estaré repartido
en cuatro o cinco pibes
de esos que vos mirás
y enseguida te siguen.
Y ojalá pueda estar
de tu sueño en la red
esperando tus ojos
y mirándote.
Mario Benedetti

Monday, November 20, 2006

Pasado e presente xuntos...


"La flor sin porqué florece porque florece"

Wednesday, November 15, 2006

Ganas de falar...



A choiva regresou, e con ela as sensacións de sempre. A miña estreliña estará baleira debido á mudanza. Tardarei un bo tempo en mover e cambiar todo de sitio. Non me gustan estes días na Galaxia, sobre todo lembrándome da frase que me dixo a miña mascota Azul un día: "gustame ver chover, sobre todo agora que sei o que significa" lembrareime dese día sempre, é unha das últimas lembranzas que teño dela... non, é a derradeira, xunto cun cadro amarelo con catro fotos pegadas: "para a nosa nai espiritual"... creo que aínda me debe unha cea polo día da nai... Agora Amarelo... sempre me gabei de tratar ben as miñas mascotas... pero sempre che queda algo aí clavado ao saber que sofren e non che deixan facer nada.

"Si quid est in me ingenii iudices, quam sentio quam exiguum sit...!

Thursday, November 09, 2006

Mozo de corazón...



Hoxe alguén me dixo que xa "ía sendo hora de crecer"... iso só o pensan as persoas maiores que queren que os nenos se fagan maiores para que pensen coma eles. A ver, se nos referimos a aspecto físico humano, creo que teño bastantes rasgos de maior, a ver cando nos enteramos por algunhas latitudes da Galaxia que crecer de espírito non significa ser maior ou vello, que podes ter miles de anos e ser o maís mozo de todos... que ter un espírito mozo non significa ter 15 anos. Ser un principiño non implica ter entre 15 e 25 anos coma o Carné Xove, senón que implica unha forma de pensar e de encarar a vida con ilusión, inocencia e bos sentimentos, sen tantos números que che atolondren a cabeza e che fagan esquecer o máis importante: disfrutar da túa vida.

Monday, November 06, 2006

Cansancio...


Estou canso, despois de viaxes de todo tipo... estou canso, necesito calmarme. Xa traía cansancio de atrás... o corpo non descansou, pero o peor é que creo que non son un Principiño de descansar. ¿A necesidade gañará ao deber? Esa eterna loita. Envexo a quen é capaz de parar o reloxo do devir vital e tomar o respiro necesario para poder continuar... Así de complexo é... como me dixo a miña mascota "que bonito sería poder parar ás veces o presente como unha fotografía"...