O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, May 31, 2006

IN

Thursday, May 18, 2006



"En efecto, como todo o mundo sabe, cando é mediodía en Estados Unidos, en Francia estase poñendo o sol. Sería suficiente poder trasladarse a Francia nun minuto para asistir á posta do sol, pero desgraciadamente Francia está demasiado lonxe. En cambio, sobre o teu pequeno planeta bástache arrastrar a silla algúns pasos para presenciar o crepúsculo cada vez que o desexabas…
-¡Un día vin poñerse o sol corenta e tres veces!
E un pouco máis tarde engadín:
-¿Sabes?... Cando un está verdadeiramente triste son agradables as postas de sol.
-¿Estabas, pois, verdadeiramente triste o dia das cuarenta e tres veces?
O principiño non respostou."


As postas de sol son moi fermosas, pero non se ten que estar triste para querer ver moitas. Hai veces que estás nun impás de emocións, é dicir, contento, realizado e tranquilo despois da tormenta. Pero con melancolía porque sabes que hai unha espiñiña que non che deixa ser feliz de todo. Aprender a vivir co corazón espiñado é unha das grandes leccións do principiño, oc al non significa que sexa triste ou doloroso, senón moi emotivo, apra ben ou para mal, e sentir emocións faite ser humano e saber que tes sentimentos. ¿Que é o que che fai dano?, ¿que é o que te pon contento?... Iso di moito dun mesmo.

O principiño sentimental.

Thursday, May 11, 2006

OUT

Thursday, May 04, 2006

Viaxes



Estiven de viaxe por estreliñas moi fermosas estes días. Non tanto como lles parecen a outros (...) pero si que son fermosas de certo. O que puiden constatar foron grandes verdades e grandes falsedades:
- O roce fai o cariño.
- Hai cousas que non cambian en ningunha estreliña, nin cando se está de descanso se cambia de tema...
- Ao estar noutra estreliña bótase de menos as outras, as que deixas atrás, pero o suficiente, nin unha chisca de máis. Que un principiño tamén necesita descanso só, non sempre nas mesmas estreliñas...
- A volta á miña estreliña faise con máis ganas e máis forzas, sobre todo nótase no estado de ánimo do principiño aqui presente. Espero que cando vaia a outra estreliña máis lonxana proximamente veña coas mesmas forzas e ansias.

Adicado aos compañeiros de viaxe.