O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Friday, June 30, 2006

Crónica da fin dunha viaxe...

Este principiño foi de cea a unha estreliña estos días. Todo comezou coma sempre:
Durante a cea houbo novidades dos comensales que nunca o pensaría:


Pero despois do estupor chegou a hora de cambiar de estreliña, e a calor deu para que o calzado andivese "colgado" toda a noite:

No primiero descanso, unha "familiar" e máis eu rematamos polo chan lesionados coma o da foto...

e cando pensaba que xa non me sorprendería máis, voltou o pasado en forma de rubio e lembrouse un ano despois dunpaís veciño:

A noite continuou entre baile e baile coa miña parella de baile, aínda que só tiña ollos para os outros bailaríns e non para min:


Rematou a noite, pero a re-noite do día seguinte tamén deu para moito, aínda que non víramos a rata (o único que se dignou a vir a vela):


E isto foi un resumo excepcional dunha noite de viaxe pola Galaxia. Espero ter moitas máis.

Isto adícollo ao novo "compi", jajaja...





Wednesday, June 28, 2006

Dispersión...

Estiven de viaxe este mediodía ... pero ao final coma sempre rematei perdido pola Galaxia e no meu interior. Foi un bo amago aquel pasillo cheo de comida, e cos botes de tomate a un lado e a señora a outro, pero creo que non se dá conta do que está a facer... Había tempo que non lle dicía palabras bonitas, pero creo que tampouco as sabe valorar. Non me gusta que me digan catro meses despois que tiña razón, nin que durante eses catro meses esté perdido. Céntrate e non vaias por aí, a obsesión non é boa, e agarrarse a estreliñas onde non te valoran tampouco.
En fin, é o que ten querer á xente ;) e que nons e dea conta. Si, vai por ti, disperso...

Monday, June 26, 2006

Voltaches a sorprenderme...

"O CONTRARIO AO AMOR NON É O ODIO, SENÓN A INDIFERENCIA"

Friday, June 23, 2006

"Rosa sácame a pasear"



"-¡Bos días! -exclamou o principiño ao azar.
-¡Bos días! ¡Bos días! ¡Bos días! -respostou o eco.
-¿Quen eres ti? -preguntou o principiño.
-¿Quen eres ti?... ¿Quen eres ti?... ¿Quen eres ti?... -contestou o eco.
-Sede os meus amigos, estou só -dixo o principiño.
-Estou só... estou só... estou só...-repiteu o eco.
"¡Que planeta máis raro! -pensou entón o principiño-, é seco, puntiagudo e salado.
E os homes carecen de imaxinación; non fan máis ca repetir o que se lles di... Na miña terra tiña unha flor: falaba sempre a primeira... "

Menos mal que sempre quedan as mascotas que me sacan a pasear, jajajajaja ;)

Wednesday, June 21, 2006

Mala estreliña.

Viaxando pola galaxia pareime nunha estreliña que é moi rara. Alí non hai anda sosegado... todo está moi tenso, todo, todo e non o comprendo... ¿que necesidade hai de ser sempre negativos e buscar a confrontación? Non hai bosques porque as árbores non poden compartir o mesmo chan, non hai rios porque non queren rematar e darlle todo os eu caudal ao mar, non hai sol porque as nobes non queren que quente o día... ¿como acabará esta estreliña? deserta e sen anda de vida... fátalle un pouco de sosego e saber convivir e compartir... Unha pena. Cambiarei de estreliña, a ver se as vexo mellores.

Monday, June 19, 2006

A esos que se equivocan en masa...

CORTITOS... SODES CORTITOS
¿NON SABEDES NIN LER?
AÍNDA POR RIBA PÁGOAS EU...

Thursday, June 15, 2006

la niña bonita...


"Froteime os ollos. Mirei ao meu arredor. Vin a un extraordinario homiño que me miraba gravemente."

Algunhas boas novas sempre aledan e che dan folgos para continuar nesta situación ... e o que máis me aleda é que me alede máis polas boas novas dos demais que polas miñas... Noraboa Rei da estreliña 649.

Tuesday, June 13, 2006

7 de setembro...


"-Os homes -dixo o principiño- métense nos rápidos pero non saben onde van ni o que queren. . . Entón axítanse e dan voltas...
E engadiu:
-¡Non vale a pena!..."

Claro que non vale a pena, sempre o mesmo, cando saes dun asómase outro, sempre igual e sempre pensas que estás preparado pero á mínima atópaste con el de fronte. Non vale a pena, ¡que sabias palabras! ... terá que ser todo tan insulso, senón aparecerá outro rápido diante e non temos ganas de pasalo. ¿Ou pasarémolo?
Es un pesao e un insulso... "¡Non vale a pena!", sabias palabras dun principiño.

Friday, June 09, 2006

Declaración...


"Realmente non son un gran príncipe... " E botándose sobre a herba, o principiño chorou."
Teño que confesar que hai tempo quería ser un gran principiño, pero agora decateime de que non o son nin o quero ser, aínda que tampouco me avergonzo de ser un principiño. Levo uns días arrombando a miña estreliña e por fin onte fun capaz de sair, non da estreliña, senón do meu interior, que non hai peor cárcere, e decateime, grazas aos acompañantes que levaba, de moitas cousas. Quero ver esas miradas... Mirádeme e xa son feliz, grazas por facelo, eu sempre te mirarei, pero non cos ollos.
Apertas dun principiño.

Wednesday, June 07, 2006


"Como os seus beizos entreabertos esbozaron un sorriso, díxome: "O que máis me emociona deste principiño durmido é a súa fidelidade a unha flor, é a imaxe da rosa que resplandece nel como a chama dunha lámpada, incluso cando durme... " E sentino máis fráxil aínda. Pensaba que as lámpadas hai que protexelas: unha racha de vento pode apagalas..."
¿Que é a fraxilidade? Que necesites de factores externos en determinados momentos ou que non os necesites. Creo que moitas veces é máis débil aquel que nunca necesita de nada nin de ninguén que aquel que en determinados momentos se axuda do que o rodea.

Tuesday, June 06, 2006

De Príncipe a Rei

"Gustaríame ver unha posta de sol... Deme ese gusto... Ordénelle ao sol que se poña...
-Se eu lle dera a un xeneral a orde de voar de flor en flor como unha bolboreta, ou de escribir unha traxedia, ou de transformarse en ave mariña e o xeneral non executase a orde recibida ¿de quen sería a culpa, miña ou del?
-A culpa sería súa -díxolle o principiño con firmeza.
-Exactamente. Só hai que pedir a cada un, o que cada un pode dar -continuou o rei. A autoridade apóiase antes que nada na razón. Se ordenas ao teu pobo que se tire ao mar, o pobo fará a revolución. Eu teño dereito a esixir obediencia, porque as miñas ordes son razoables.
-¿Entón a miña posta de sol? -recordou o principiño, que xamais olvidaba a súa pregunta unha vez que a formulara.
-Tenrás a túa posta de sol. Esixireille. Pero, segundo me dicta a miña ciencia gobernante, esperarei que as condicións sexan favorables."
Ordenar e resolver, ¿é menos Rei aquel que só manda ordes que sabe que farán os seus súbditos? Ordenar cousas que non van ser feitas pero que poñen en entredito aos teus súbditos ¿fan mellor ao teu pobo? Ás veces ordénanche cousas que non ves normal e que nont eñen sentido, pero ves que o Rei o pide e a súa capacidade e o seu liderazgo non pode ser cuestionado... por algo é Rei... pero... ¿eu quero ser Rei? ¿Non podo ser principiño toda a miña vida? ¿Teño que aceptar aquelo que me queren impoñer? Aí está o punto que divide a túa vida da vida que os demais che dicatan... Non, non son Rei nin quero mandar nos súbditos, non me gusta ter un grao de superioridade só por factores externos, quero que os meus súbditos me elixan a min, non que me impoñan...

Thursday, June 01, 2006

Lévase todo por diante...



"Se un cordeiro se come os arbustos, comerase tamén as flores ¿non?
-Un cordeiro cómese todo o que atopa.
-¿E tamén as flores que teñen espiñas?
-Si; tamén as flores que teñen espiñas.
-Entón, ¿para que le serven as espiñas?"

Iso me pregunto eu, ¿para que serven as espiñas? Se non houbese momentos dor ¿apreciaríamos ben a felicidade? ¿saberíamos que a felicidade é un bo momento se non tivésemos malos momentos? ¿Para que serven as espiñas se ao final non fan a súa función? ¿cal é a súa función? Ás veces un momento espiñado mételo nas túas lembranzas dos momentos felices, e iso pasará factura...