"E sentiuse moi desgraciado. A súa flor dixéralle que era a única da súa especie en todo o universo. ¡E agora tiña ante os seus ollos máis de cinco mil . Todas semellantes, nun só xardín!
Se ela vise todo isto, dicíase o principiño, sentiríase vexada, tosería moitísimo e simularía morrer para escapar ao ridículo. E eu tería que finxirlle coidados, pois sería capaz de deixarse morrer verdadeiramente para humillarme a min tamén... "Ás veces os seres humanos somos bastante raros. Hai uns días unha das miñas mascotas díxome que tiña que darlle un xiro a esta cousa que fago... supoño que pensa que só hai unha forma de facer estas cousas... igual que as fai el... pero eu creo que cada un as fai como quere e non por iso están mal, non todas teñen que ser da súa forma.
As cousas están ao límite pola Galaxia, demasiado cargada a vida deste principiño. Onte estiven nun deses sitios nos que te tranquilizas, nunha estreliña que me dá sosego e que só vou unha vez ao ano cos reis... Vendo aquel sosego dáme ganas de dicir varias cousas...
Vermello, non esquezas aquelas cousas que son as verdadeiramente importantes, non os momentos puntuais de bágoas, senón os de sorriso continuo...
Rosa, dimo á cara que creo que necesito que me des un pouco do teu sosego...
Verde, intenteino onte pero non estabas...
Violeta, a ver se se achega pola miña estreliña e falamos, que a vostede se lle da ben e eu quero, mellor dito, necesito escoitar...
Arromba que te arromba sigo na miña estreliña...