O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, March 28, 2006

A beleza



Ás veces pregúntome onde está a beleza. Como inflúe a beleza na nosa vida e como sabemos admirar a bleza das cousas. Hoxe descubrín a beleza dunha persoa. Estaba falando con ela, mireina e vino. Sorprendeume moito. Pensaba que non atoparía tanta beleza dentro dun ser humano. Creo que valeu a pena levantarse só por decatarme diso. Si, estaba ao lado, sabía, vía e intuía que era fermosísima, pero foi xusto cando voltei mirarlle aos ollos cando vin todo iso, foi un segundo... un segundo que lembrarei como lembro as datas eu... aquel 28 de marzo re-descubrína a beleza desa persoa que estaba falando comigo. Sei, desexo, espero, intúo e aseguro que esa beleza non sexa efémera e marchita coma a das flores, coma a desta orquidea. ¿Ves a beleza? ¿Tes beleza? ¿Venche a beleza? ¿Cantas persoas hai que non ven ou non lles ven a súa beleza? Inxustizas...

5 Comments:

Blogger James Hepburn said...

te parecerá una tontería pero hoy en Sunset Boulevard flotaba esa sensación en el aire, puede que llegará con estas últimas lluvias, pero al despertarnos decidimos llevar una máquina fotográfica con nosotros para intentar captar esa sensación.
Norma opina que no lo conseguimos, porque es obvio que se encontraba entre nosotros. Que nuestras instantáneas no son distintas a las que pudieramos haber hecho otro día. yo opino que son distintas, tal vez no en la forma, pero si en el contenido, porque está claro que la mirada era distinta.
y esa mirada, principiño, creo que te acompaña muy a menudo, desde el aislamiento de nuestro hogar te damos la enhorabuena, porque es toda una suerte. solo esperamos que de vez en cuando nos puedas ofrecer un poquito a nosotros, para compartir esasa sensación. Es que en el salón el descuido lo inunda todo y tapa su belleza. bueno, sólo a veces.

7:34 AM  
Blogger Os_Alumnos said...

ay!!

7:50 AM  
Blogger amarante said...

....

10:29 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Nunca me dixeran nada da miña mirada señor James... grazas, e estou dacordo coa vaporosa....
Ao estar tanto tempo só na miña estreliña, despois cando chegan visitas ou me atopo coa xente podo admirar as miradas, búscoas e miro ben adentro... aprender a facelo leva o seu tempo... pero cunha recompensa ben grata. Por certo, o de compartir... sempre fun moi espléndido e sempre comparto con todo o mundo que se achegue... nese aspecto non fago distinción
;)

1:04 AM  
Blogger Ernesto Schutz said...

Valeu o post.

5:03 PM  

Post a Comment

<< Home