O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Monday, March 27, 2006

O meu pasado...(I) Familia e mascotas.


Levo poucos días na miña estreliña, pero atopeime con outro principiño e deime conta que aínda non expliquei de onde veño e cal é o meu pasado. Así que vou intentar comezar a contar algo, pero xa se saberá pouco a pouco. Vai por ti principiño:
Non me lembro de cando nacín, é moi raro, porque a miña primeira lambranza é de cando xa era grandiño, non de bebé. Eu sempre me lembro tal e como son, non me vexo os cambios. A miña árbore está composta polos meus pais e pola miña irmá (o REY, a RAIÑA e a PRINCESIÑA). Son o que máis quero. Cando cheguei a unha idade, abandonei o meu planeta e puxen rumbo cara ao descoñecido (é o que fan todos os principiños...). Levo moitos días, meses e anos vagando polas estrelas, buscando unha na que asentarme. Neste periplo tiven moitas mascotas que xa falarei longo e tendido delas, pero as que máis me marcaron foron:
- Negro: Dende moi pequeniño estiven con ela, foi crecendo comigo, pero ela tivo que marchar a unha estrela moi lonxana... dentro de pouco vai vir verme.
- Verde: E todo o contrario a min, pero complementámonos perfectamente, é unha das mascotas que sei que sempre me espera na súa estrela e visítoa habitulamente, está na miña segunda estrela da infancia, aquela que deixei hai 3 anos.
- Añil: Tamén é unha das primeiras mascotas que tiven, é moi divertida e sempre está aí, aínda que agora lla dei a outro principiño que a necesitaba máis. Son moi felices xuntos.
- Amarelo: Foi a mascota que máis quixen en todos os sentidos, pero marchoume e non sei onde vai... se alguén a ve que mo diga... ao estar ao seu lado era feliz...
- Azul: Esta mascota marchou hai 6 anos, e converteuse nunha estreliña que me alumea e me guia na miña viaxe. Foi un día moi triste aquel 20 de novembro...
- Vermello e Rosa: É unha das mascotas que teño agora. Quéroas moito e sei que as manterei aí porque o valen...

3 Comments:

Blogger Os_Alumnos said...

qué decir?? que estoy un poco desorientado...que rabia!

10:46 PM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Espero que non fose por min, señor vaporoso... Espero que saiba apreciar esa gama de cores, o papel que xoga vostede e o que xogará... e non se deturpe ou obnubile tentando atopar o referente real nese arcoiris que ao fin e ao cabo vostede xa sabe máis deste principiño do que saberán moitos outros en toda unha vida...
Dende a estreliña, desasosegado e apartado, o principiño está esperando miradas...

1:07 AM  
Blogger Os_Alumnos said...

no sabía yo eso de amarillo

11:52 PM  

Post a Comment

<< Home