O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Friday, March 24, 2006

A miña primeira visita


Onte á volta da estrela 436 Vermello e Rosa estaban na miña estreliña. Vermello non me mirou... está raro. Non son das persoas que pense que teño que educar a Vermello. Esperarei a que me mire. Rosa miroume e estivo xogueteando coa súa balanza ao meu carón. Estaba eu nestas cando veu un Rei (supoño que será rei pola súa coroa) e díxome:
- ¡Ola mi súbdito!
Eu díxenlle:
- ¿Como son o teu súbdito se nunca nos vimos?
El explicoume que ao ser de sangue real e de menor rango pois era o seu súbdito... E a min tanto me dá. Así que estivo falando e falando e falando... A este Rei gústalle moito falar, (a min tamén) pero creo que escoitar enriquece moito máis. Estou aprendendo a escoitar.
No fondo creo que lle teño medo a este Rei, pero cáeme moi ben, é a primeira visita na miña nova estreliña. Espero que non sexa a última e que poida chegar a ser eu un rei tan bo coma el cando sexa maior.

7 Comments:

Blogger O principiño da estrela do lado said...

¿En que estreliña vivides vaporosas? Gústanme as túas palabras, pero eu estou só, só me acompañan Vermelloe Rosa,as miñas mascotas... A min gústame falar coas miradas, como dicides. Para min nas miradas pódese saber todo. Cando miro para Rosa e Vermello podo saber como están, que están sentindo e que lles pasa. Pero teño medo de falar coa miña mirada porque teño medo de que me coñezan. Custoume moito falar con Rosa e Vermello coas miradas e teño medo de que non queiran seguir facéndoo... por iso teño medo a falar cos demais...

4:27 AM  
Blogger Os_Alumnos said...

eu tamén teño que aprender a escoitar. creo que tiña demasiadas cousas por dicir...

5:19 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

A min cústame escoitar, pero creo que dende que está o Rei escoito máis, porque me dá medo e calo para non ofendelo. Creo que non podo ofender a monarquía, porque son parte dela e porque se levaría a princesa con el.

5:44 AM  
Blogger amarante said...

Principiño da estrela do lado, voulle poñer un link na miña estrela, así poderemos teletransportarnos máis rapidamente..

7:26 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Grazas señor amarante, pero a min gústame recibir visitas persoais, non teltransportadas, a ver cando se pasa pola miña estreliña...

12:59 AM  
Blogger James Hepburn said...

desde mi juventud veo muy bonito eso de hablar con las miradas, y le he preguntado a Norma y me ha enseñado mucho: como tu,yo solo escuchaba... y me dijo que una mirada puede decir tanto... ella miraba y todos la entendían, ella cuando era famosa nuca hablaba y emocionaba a medio mundo... Pero es que ella tiene una mirada muy fuerte, por eso se entiende, creo que yo no puedo hacer eso. pese a eso estoy orgulloso de poder decir que creo que si que se leer en las pupilas.. Norma me apoya en esto último. Por eso entre los dos te animamos a seguir escuchando, pero también a dejarte leer... una mirada emotiva desde Sunset Boulevard -de Norma que seguro que tiene más matices-

7:51 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Asi como ler as miradas é difícil, deixarse ler ás veces faise case imposible... pero nese traballo estamos...

1:09 AM  

Post a Comment

<< Home