O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Monday, March 27, 2006


Estes días foron bastante sosegados na miña estreliña, así que fun ver a 169. Non había ninguén, nin nada... Pero de algo me serviu. Estiven con Rosa e Vermello. Vermello miroume e estivo falando un bo rato, había moito tempo que non falábamos, aínda que non o fixemos de todo ben, creo que ten medo a perder o tempo en conversas comigo. Tamén estiven intercambiando miradas con Rosa. Gústame falar con el. A súa forma de razoar, centrarse e mirarme cando falamos dáme ganas de seguir facéndoo. Rosa está moi feliz e a min gústame ver a súa felicidade. Vermello pensa que é feliz e quere ser feliz, pero non llo vexo na súa mirada, e iso que llo intento dicir, pero el nunca quere falar comigo (a sóas e con tempo). Isto de falar dame máis ganas de falar, vou ver se vexo a ese Rei do outro día, que a el gústalle falar (porque sempre ten súbditos que o escoiten...)

4 Comments:

Blogger Príncipe hindú said...

Rosa, Vermello... mi querido principiño, de Príncipe a príncipe, amplíe su gama de colores: hay todo un arcoiris ahí afuera. NO, no se asuste, que sé que lo hace muy rápido, me refiero a que amplíe su paleta pero siempre respetando la graduación, la intensidad de los colores. Vermello (Rojo) es uno de los colores primarios,perfecto; el Rosa, que le digo del Rosa!, es un color precioso y, aunque algunas personas piensen lo contrario, le puede sentar estupendamente a algunos hombres. Lo mismo pasa con el violeta ;)
Así, que ya sabe, sea feliz, esté tranquilo y verá como cuando menos se lo espere aparecerá alguien para cenar en su pequeña estrella.
Un saludo de su superior,


PH

1:29 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ola señor príncipe, non sabía que había máis principes por esta constelación... ¿Quere xogar comigo? Créame hai unha gama de cores que nin eu imaxino, o violeta é precioso, creo que lle gusta a case todo o mundo, ata a min, pero como non teño nada violeta teño medo a que me sente ben... Só dicir unha cousiña... nesta estrela na que estoua gora só teño a Rosa e Vermello, pero teño máis estrelas que son miñas. Verde e Amarelo están na estrela do Norte, e o Añil está na estreala do Sur. Despois tamén están os do Arco da Vella, que veñen todas as semanas comigo a visitarme, como aconteceu hai catro días... Que só fale de Rosa e Vermello non quere dicir que so teña eses, senón que son as miñas mascotas, nada máis. Pásese cando queira pola miña estreliña, que eu tamén sei facer ceas ou comidas... e créame hai ceas que me gustan moito ;)

1:46 AM  
Blogger amarante said...

Príncipe da estrela do lado, vexo que lle gusta falar. Falar sempre está ben, interactuar. É a forma de ir formándose interiormente. Pero teña en conta que "falar" demasiado é sobreinformación, a a sobreinformación (como se di nesas clases de especializado) e non quedarse con nada. Falar está ben. Pero reflexionar o falado está mellor.

E non escribo para que me escriban no meu blog, pero iso tamén me gustaría

4:28 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

¿Que sobreinformacion hai nuha estrela onde estou eu so? Confunde termos...

6:39 AM  

Post a Comment

<< Home