O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, March 29, 2006

Dar consellos...


Onte cheguei á miña estreliña, estaba canso. A media tarde o principiño sufriu un colapso... Necesitaba desconectar. Vermello e Rosa portáronse moi ben, pero creo que eu non fun moi grato. Onte foi un dos poucos días que durmin coas miñas mascotas, había moito tempo que non o facía pero agora síntome mal. Falar e dar consellos sempre é moi fácil, e eu decidira non meterme onde non me chamaran e ás veces fágoo sen querer. O principiño bota de menos a Amarelo... era a única mascota que se lle escapou das mans sen poder facer nada... pero tamén era a única mascota que lle deu todo... Onte soñei, e non me gustou nada o meu soño. Creo que os soños reflicten moitos dos nosos temores, só espero que non se repitan. Quero ser mirado... outra vez...

5 Comments:

Blogger James Hepburn said...

Soñar es un placer del que no todos disfrutamos, y como de todo se puede aprender... de todos mos, Principiño, no te sientas mal por algo que no puedes remediar, tus amigos ya saben como eres -para lo bueno y lo menos bueno-. siempre podrás redimirte en un futuro...

1:44 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

A xente sempre intenta pensar iso... pero ás veces a nosa mente xóganos malas pasadas e a nosa autoestima sempre nos tira pensando que non haberá futuro, debido á súa incerteza. A loita é contínua, pero polo de agora, cos seus máis e cos seus menos, sempre a razón foi aplaudida polos actos. Espero que sempre sexa así... xa se sabe, como dixo Viviane Leight "tomorrow will be another day"... espero que nons e vaia co vento...

4:21 AM  
Blogger Príncipe hindú said...

Principiño, es usted un tipo muy pero que muy reflexivo. Demasiado diría yo. Las cosas son más fáciles de lo que parecen, no las compliquemos nosotros...
Por cierto, que poco habla usted del Rey. Tanto Vermello y Rosa puede ser perjudicial para la salud ;) jejeje, es broma.
No haga caso a esos sueños, porque los mejores son los que se tienen despierto.
Un gran abrazo tántrico,


P. H.

6:53 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

¿Quere que fale do Rei ese? Os seus desexos cumpridos: Pásase a miúdo para charlar pola miña estreliña e nunca me deixa indiferente cos seus relatorios (xa sabe que o coñecín hai pouco) pero eu (ben sexa pola miña forma de ser ou porque o merece) non podo ter malas palabras para el. Sei que é Rei, que é sabio, reflexivo, moi picarón e que se entera de todo, e o que máis admiro, a súa independencia e o saber tratar a todas as persoas segundo conveña o caso. Provén da estrela 436 e eu no fondo téñolle un pouquiño de medo (derivado do respecto e da admiración) e penso que é unha grande persoa na que reflectirme para poñer de modelo e chegar a ser coma el cando sexa maior. No fondo téñolle moito cariño e xa lle teño asignado unha cor... ¿fai vostede apostas?
Por outra banda dicir que é un pouco orgulloso e debería aprender a esteriorizar mellor certas cousas...
Príncipe Hindú, espero que lle chegue como aproximación ao Rei da estrela 436, pero cando se pase pola miña estreliña avísoo e charlamos os tres, que a el lle gusta moito falar e falar e falar...
Apertas agarimosas dende a soidade da miña estreliña.
De principiño a príncipe.

9:53 AM  
Blogger Os_Alumnos said...

...............................................................................................................................

10:47 PM  

Post a Comment

<< Home