O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, March 23, 2006

A miña caixa

Esta é a miña caixa, de seguro que a coñecedes, dentro estaba un año moi pequeniño. Moitas veces era a única compaña que tiña... Decidín desfacerme dela, pero teño un problema, que a xente me trata comos e tivese a caixa. Tento estar sen ela, pero todo o mundo dá por suposto que a teño que ter. ¿Por que a xente non ve que xa non teño a caixa? ¿Non me ven sen ela? ¿Por que me tratan como se aínda a tivese ao lado? Sei que pasará moito tempo para que a xente me vexa sen a caixa... Agora vou ata a estrela 436... seica alí hai un Rei ou un Príncipe... teño ganas de falar con alguén...

8 Comments:

Blogger Madeleine said...

PEnse que vostede, se se ten a sí mesmo, xa ten unha posesión moi importante. E eu creo que sí, a un "sí mesmo" con moita personalidade. Unha aperta e benvido!

2:51 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ola Madeleine, faime ilusión recibir visitas. Onte recibín a un Rei, e agora a vostede. ¿Como atopou a miña estreliña? Eu estou mirando se nas estrelas que van dende a 436 ata a 439 hai alguén... pero non dou atopado nada. Grazas por dicir que teño personalidade, sempre me gusta escoitar o que opina a xente de min, porque eu non me coñezo, e quero coñecerme na mirada dos demais. A ver se me paso pola súa esteliña que creo que ten espellos (aínda que iso me dá medo...)

4:07 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ola Vaporosa... que nome máis raro... Veme sen a caixa... ¡¡¡que ben!!! Cústame moito que me vexan sen ela, e eu estar sen ela...
Pasareime pola súa estreliña... puff!!! se teño tempo, que aínda non arrombei a miña e Vermello e Rosa andan xogueteando e déixano todo feito un asco.
Un saúdo

4:09 AM  
Blogger Os_Alumnos said...

lo que dicen las vaporosas es verdad, sólo que en ocasiones somos nosotros mismos quienes creemos tener la caja y nos tragamos el complejo sin ser conscientes de ello.

5:21 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ola Vaporoso... supoño que ti vivirás nunha estreliña preto das Vaporosas, ¿non? Eu desfíxenme da miña caixa porque me facía dano, afogábame dentro, e o que peor me sentaba a min era que aos demais non gustaba, e iso foi o que me animou, porque quero ser un pouquiño mellor.

5:42 AM  
Blogger James Hepburn said...

siento ser la decadencia, pero Norma ha inspirado este comentario. y no tengo más remedio que secundarla aunque me pese: todos tenemos una caja, y solo despues de mirar podemos olvidarla, pero siempre depende de la mirada. todo depende, como siempre, de la mirada, Norma perdió mucho porque la veían mayor, austera... y sin embargo ella es libre, creativa... yo también tengo mi caja, quizas quien me conozca lo sepa y sepa mirar por sus agujeros, eso espero.
nosotros, por nuestra parte, principiño, estamos mirando y creo que poco a poco desaparece la oscuridad y podemos ver a través de los agujeros.... creo que ya es semitransparente... o eso es lo que desde Sunset Boulevard se intenta.

7:42 AM  
Blogger Madeleine said...

Querido principiño! Atopei a súa morada polas cousas do sino, quero pensar. Está ben non coñecerse un a sí mesmo de todo, sempre deixas espazo para unha grata sorpresa!

12:15 PM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ten moita razón... e ademais pasoume hai pouco, que descubrín unha cousa moi grata de min que non pensaba que tiña tan interiorizada, que é aledarse máis polos demais que por un mesmo... ás veces está moi ben saber que podes ter eses sentimentos...

4:21 AM  

Post a Comment

<< Home