O principiño da estrela do lado
Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.
Tuesday, August 29, 2006
Monday, August 28, 2006

Moitas veces falamos e falamos e non escoitamos, e cada vez máis estoume dando conta que non se sabe escoitar. Teño coñecido estreliñas nas que só escoitaban e non falaban, pero estoume asustando das novas estrelas onde só falan e non escoitan, nin recapacitan, ¿va que si?
Escoitar significa saber o que di o outro e comprendelo. Parece fácil, ¿verdade? Hai moitas estreliñas neste universo, pero cada vez parécense máis no malo e menos no bo. ¿En que estreliña che gustaría vivir? A min na miña, pero tamén quero que a Galaxia na que estou esté rodeada de estreliñas onde se fala e se escoita...
Friday, August 25, 2006
SÉNSACIÓNS...

Thursday, August 24, 2006
Monday, August 21, 2006
Escoita...
-¿Que significa admirar?
-Admirar significa recoñecer que eu son o home máis fermoso, o mellor vestido, o máis rico e o máis intelixente do planeta.
-¡Se ti estás só no teu planeta!
-¡Faime ese favor, admírame de todas as formas!
-¡Vaia! Admírote- dixo o principiño encolléndose de ombreiros-, pero ¿para que che serve?
E o principiño marchouse.
"Decididamente, as personas grandes son moi raras", dicíase para sí o principiño durante a súa viaxe. "
Ás veces a xente maior fai cousas moi raras, ¿verdade? Necesitamos que todo xire ao noso arredor sen darnos conta que as outras persoas poden estar pensando o mesmo... o cal fai que todos miren por si sen descubrir ao do lado en toda a súa magnitude. Dá moita pena cando ves que non te coñecen, pero máis pena daría darse conta que ti non os coñeces... Se comezas por coñecer aos demais e a aprecialos verás como eles te apreciarán, ¿non? Iso é o que quero crer.
Este principiño necesita escoitar para coñecer...
Friday, August 18, 2006
¿Algunha vez quixestes ser explorador? Tanto dá que sexa de lugares como de persoas... eu si... de persoas... Hai de todo, persoas profundas, secas, áridas, agrestes, húmidas, ilimitadas, cortas, pequenas, grandes... todo un marabilloso mundo que me sorprende día a día...
Wednesday, August 16, 2006
Bicos...

Hoxe nunha conversa con Rosa fíxome gracia o tema dos bicos. A conversa era en broma (iso espero, jajaja), e a estreliña na que estábamos non daba para facer grandes disertacións, pero fíxome pensar nos poucos bicos que nos damos (polo menos este principiño...) e dende aqui quero reivindicar o bico, en todas as súas facetas... asi que fago un chamamento para que vos biquedes e nos biquemos, claro, jajaja, e non me facer tomar decisións dramáticas e drásticas e tervos que bicar todos os días, porque senón escaparíades correndo pa non verme ;) e sería moi violento, e nada de gilipolleces dun biquiño, non, aqui como mínimo dous e se me poño tontorrón dou cinco coma os rusos.
Bicos para todos.
Thursday, August 10, 2006
Bágoas...

Ao chegar estas datas sempre me lembro das miñas últimas bágoas de felicidade, si de felicidade, desa felicidade que te consume por dentro só por sentila... ¿por que sempre nos lembramos das de tristura cando falamos de bágoas? Hai unhas bágoas que nos saen cando somos moi felices, esas bágoas que doen máis que as de tristeza... porque sabes, tempo despois, que non se repetirán moi a menudo.
Era un 17 de xullo, estaba nunha paraxe irrepetible e acompañado da persoa que máis quería, e deime conta de que non se podía ser máis feliz... e deume moito medo... quizais sabendo que ía durar pouco. Lémbrome a menudo dese día, e desa persoa, e sei que aínda que está preto... non podería estar máis lonxe.
Quero chorar, porque hai moito que non o fago, si, pero desas bágoas que che chegan ao queixo e che pingan ata mancharche a roupa, si, desas bágoas grandes, que quedas sen respiración, si, pero bágoas de felicidade.
Quero agradecer a algunha mascota miña que foi unha das poucas que me fixo chorar de felicidade ultimamente... ou polo menos as bágoas viñéronseme aos ollos...
Friday, August 04, 2006
A parábola do fillo pródigo...

Nunca comprendín certas cousas, que a min me parecen inxustas. ¿Como unha persoa que sempre cumple e é fiel e o dá todo pode ser tratado igual ca outra que fai todo mal pero ao final se arrepinte? ¿Por que alguén que sempre está aí recibe igual que alguén que nunca está, só ao final? ¿Non é inxusto para o que está aí? Si... eu creo que si... creo que non sabemos ver o que temos e que nos ofuscamos e moitas veces non somos os máis equitativos...
Sempre dei sen mirar o que recibía, pero parezo tonto ás veces. Só me queda a esperanza de que hai sempre alguén que devolve tanto ou máis do que dou.
Este principiño só quere lembrar aquela entrada que puxera hai tempo: mirade ao voso arredor e dádevos conta do que hai... hai demasiados fillos pródigos estacionais e poucos fillos fieis.
Mensaxes:
Despois de todo isto felicitar a la Vaporosilla ;)
Rosa grazas polas conversas... e non me das medo creme...
Vermello reafírmome no que che dixen e está ben que te des conta, como o fas nas túas P.D. e espero que nunca o esquezas.
Agora só quero que miredes a foto, ese son eu, si por dentro son así... ;)
Wednesday, August 02, 2006
Tuesday, August 01, 2006
As mulleres mátanme...


Outra das imaxes destes días (que en persoa gaña máis que na foto) é esta, pero adoita ocorrer que pase na convivencia... non me estraña nada que despois estivese obsesionada en durmir comigo, jajaja.

Este principiño pasou uns días viaxando pola Galaxia. Reflexionou moito con xente moi diversa. De todo... houbo momentos para a a comida e a distensión, e para ser xustos teño que agradecer a Vermello todo o que fixo, que terá que ser devolto por este principiño (aínda que llo devolvo todos os días coa miña amizade...) pero con tempo e todos xuntos... e vermello, relax, que non te maten as outras...
Por último agradecer a todo o mundo que se lembrou (guiño, guiño, guiño) nestas datas de min, que son moi afortunado, e que saibades que telefónica me vai facer membro da súa xunta directiva, porque iso de que me manden 34 sms, jajaja, sen contar coas chamadas e coas felicitacións persoais, que senón Rosa pícase, jajaja.