O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, August 29, 2006

Á ALBA...

Para desprazarme ás estreliñas do lado gústame que me leven os meus paxariños. Gustaríame que me levasen máis a miudo, ¿queredes vir comigo? É toda unha experiencia.

4 Comments:

Anonymous Anonymous said...

A verdade é que sería moi bonito que os gorrións nos levasen alá a onde quixesemos, para desconectar e estar con aqueles que queremos que nos escoiten e os que nós tamén queremos escoitar, as nosas estreliñas favoritas, os nosos planetas particulares...
Animádesvos a deixarvos levar polos paxariños e fuxir lonxe, a outros planetas? A desconectar por un momento da rutina...

4:57 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Sabias palabras a da amiga, nótase que ten andado pola galaxia e que ten deixado que os seus paxariños a leven lonxe para crecer e escapar... Non deixe que a vida ou as circunstancias fagan que non volten eses paxariños... Vaia máis aló, e sexa vostede mesma paxariño apra os demais.

Un saudo...

7:43 AM  
Anonymous Anonymous said...

Un día alguén dixo que un só debe regresar a onde se sente cómodo, a verdade é que teño pouca afección aos blogs, pero basta que te poñas a ler para que te acaben enganchando, o de ter pouca afección digamos que é por comodidade, pero...nesta galaxia unha séntese cómoda, por iso de vez en cando regresa para ler algunhas palabras e aprender delas, pq ás veces ler aos demais fanche ser consciente de moitas cousas, ás que ao mellor ás veces nin valoras.
E... despois desta visita...ata a próxima fuxida cos meus paxariños!!!

3:51 PM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Cada vez que me fixo máis, creo que os paxariños a levan a onde quere e a onde mellor se atopa... Nunca deixará de aprender viaxando pola Galaxia, créame, dillo un principiño que ten viaxado moito...
Apertas...

1:06 AM  

Post a Comment

<< Home