O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, August 10, 2006

Bágoas...


Ao chegar estas datas sempre me lembro das miñas últimas bágoas de felicidade, si de felicidade, desa felicidade que te consume por dentro só por sentila... ¿por que sempre nos lembramos das de tristura cando falamos de bágoas? Hai unhas bágoas que nos saen cando somos moi felices, esas bágoas que doen máis que as de tristeza... porque sabes, tempo despois, que non se repetirán moi a menudo.
Era un 17 de xullo, estaba nunha paraxe irrepetible e acompañado da persoa que máis quería, e deime conta de que non se podía ser máis feliz... e deume moito medo... quizais sabendo que ía durar pouco. Lémbrome a menudo dese día, e desa persoa, e sei que aínda que está preto... non podería estar máis lonxe.
Quero chorar, porque hai moito que non o fago, si, pero desas bágoas que che chegan ao queixo e che pingan ata mancharche a roupa, si, desas bágoas grandes, que quedas sen respiración, si, pero bágoas de felicidade.
Quero agradecer a algunha mascota miña que foi unha das poucas que me fixo chorar de felicidade ultimamente... ou polo menos as bágoas viñéronseme aos ollos...

4 Comments:

Blogger James Hepburn said...

Sensación muy bella y noble la que usted describe, sin embargo bastante poco habitual. desde Sunset Boulevard, conscietes de nuestra impotencia, intentaremos al menos evitar que le alcancen las lagrimas de tristeza a través dela siempre recurrente táctica de la sonrisa...

6:24 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Querida Vaporosa, só comentei que a persoa que me fixo chorar de felicidade está preto pero lonxe, iso non quere dicir que as miñas bágoas agora sexan de amargura... todo o contrario, despois de tres anos un xa é capaz de ver con nostalxia eses momentos na estreliña da felicidade...
Querido James... pois é unha pena que sexa pouco habitual esa sensación, iso explica moitas cousas... non? deberíase practicar máis ese tipo de bágoas... se se dán as circunstancias claro...

1:39 AM  
Blogger Lúa said...

O millor é iso que describes, por desgracia é certo que se chora máis de pena ca de felicidad, pero faráse un esforzo!!!je

1:01 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

¿Un esforzo para que? Non comprendo moi ben as súas palabras. ¿De que estreliña ven? ¿en que Galaxia se atopa?

2:27 AM  

Post a Comment

<< Home