O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, June 21, 2006

Mala estreliña.

Viaxando pola galaxia pareime nunha estreliña que é moi rara. Alí non hai anda sosegado... todo está moi tenso, todo, todo e non o comprendo... ¿que necesidade hai de ser sempre negativos e buscar a confrontación? Non hai bosques porque as árbores non poden compartir o mesmo chan, non hai rios porque non queren rematar e darlle todo os eu caudal ao mar, non hai sol porque as nobes non queren que quente o día... ¿como acabará esta estreliña? deserta e sen anda de vida... fátalle un pouco de sosego e saber convivir e compartir... Unha pena. Cambiarei de estreliña, a ver se as vexo mellores.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home