O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, June 07, 2006


"Como os seus beizos entreabertos esbozaron un sorriso, díxome: "O que máis me emociona deste principiño durmido é a súa fidelidade a unha flor, é a imaxe da rosa que resplandece nel como a chama dunha lámpada, incluso cando durme... " E sentino máis fráxil aínda. Pensaba que as lámpadas hai que protexelas: unha racha de vento pode apagalas..."
¿Que é a fraxilidade? Que necesites de factores externos en determinados momentos ou que non os necesites. Creo que moitas veces é máis débil aquel que nunca necesita de nada nin de ninguén que aquel que en determinados momentos se axuda do que o rodea.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home