O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, June 01, 2006

Lévase todo por diante...



"Se un cordeiro se come os arbustos, comerase tamén as flores ¿non?
-Un cordeiro cómese todo o que atopa.
-¿E tamén as flores que teñen espiñas?
-Si; tamén as flores que teñen espiñas.
-Entón, ¿para que le serven as espiñas?"

Iso me pregunto eu, ¿para que serven as espiñas? Se non houbese momentos dor ¿apreciaríamos ben a felicidade? ¿saberíamos que a felicidade é un bo momento se non tivésemos malos momentos? ¿Para que serven as espiñas se ao final non fan a súa función? ¿cal é a súa función? Ás veces un momento espiñado mételo nas túas lembranzas dos momentos felices, e iso pasará factura...

1 Comments:

Anonymous Anonymous said...

xa... as típicas bágoas...

4:18 AM  

Post a Comment

<< Home