O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, June 06, 2006

De Príncipe a Rei

"Gustaríame ver unha posta de sol... Deme ese gusto... Ordénelle ao sol que se poña...
-Se eu lle dera a un xeneral a orde de voar de flor en flor como unha bolboreta, ou de escribir unha traxedia, ou de transformarse en ave mariña e o xeneral non executase a orde recibida ¿de quen sería a culpa, miña ou del?
-A culpa sería súa -díxolle o principiño con firmeza.
-Exactamente. Só hai que pedir a cada un, o que cada un pode dar -continuou o rei. A autoridade apóiase antes que nada na razón. Se ordenas ao teu pobo que se tire ao mar, o pobo fará a revolución. Eu teño dereito a esixir obediencia, porque as miñas ordes son razoables.
-¿Entón a miña posta de sol? -recordou o principiño, que xamais olvidaba a súa pregunta unha vez que a formulara.
-Tenrás a túa posta de sol. Esixireille. Pero, segundo me dicta a miña ciencia gobernante, esperarei que as condicións sexan favorables."
Ordenar e resolver, ¿é menos Rei aquel que só manda ordes que sabe que farán os seus súbditos? Ordenar cousas que non van ser feitas pero que poñen en entredito aos teus súbditos ¿fan mellor ao teu pobo? Ás veces ordénanche cousas que non ves normal e que nont eñen sentido, pero ves que o Rei o pide e a súa capacidade e o seu liderazgo non pode ser cuestionado... por algo é Rei... pero... ¿eu quero ser Rei? ¿Non podo ser principiño toda a miña vida? ¿Teño que aceptar aquelo que me queren impoñer? Aí está o punto que divide a túa vida da vida que os demais che dicatan... Non, non son Rei nin quero mandar nos súbditos, non me gusta ter un grao de superioridade só por factores externos, quero que os meus súbditos me elixan a min, non que me impoñan...

0 Comments:

Post a Comment

<< Home