O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, September 20, 2006

Dimo...


¿Nunca vos pasa que cando queredes escoitar algo nunca o escoitas?, ¿que cando queredes que vos digan algo, non volo din? ... ¿que cando NON queredes escoitar algo... sempre volo repiten? ... e para colmo o que queredes escoitar, escoitádelo pero non para vós... Si, a vida é moi caprichosa... ou cruel. Empíricamente a vida non é xusta, e para iso o refraneiro popular ten para todos os gustos: "Dalle Dios pan a quen non ten dentes"... xa se sabe que a diferencia entre bo e tonto cada vez está máis próxima... ás veces podes sentirte tantas veces tonto que as cousas boas que fas non che importan... éche unha pena non sentirse agradecido, faiche replantexar moitas cousas... a ver ata cando...

3 Comments:

Blogger O principiño da estrela do lado said...

jajaja, podemos consolarnos esperando a chegada dese día... ¿cando será?... iso nunca o saberemos... non? E non creo que se pense que o bo é tonto, senón que a liña moitas veces se difumina de tal xento que che fai reflexionar... pero creo que as cousas vense den de óptica distinta dependendo dos implicados, dos temas e do estado de ánimo, non? a ver cando cambie todo iso que pasa...
Un principiño esperanzador e esperanzado.

5:02 AM  
Blogger amarante said...

Creme. Son o que máis te coñece ( cando menos coñézote o suficiente para facer este xuízo de valor). Da un paso adiante e afronta a vida con valor e non te amilanes nunha esquina cando cres que todo te sobrepasa, nin tan sequera poñas excusa da túa debilidade psicolóxica.

Creo, sinceramente, que xa chegou a hora de madurar nese sentido.

Da un paso adiante e deixa esa actitude rosaliana (choromiqueira, con todo o cariño)

11:28 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Graciñas polo consello.

:p

1:30 AM  

Post a Comment

<< Home