O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, September 13, 2006

Momentos límite...


"-¿Que fas aí? -preguntou ao bebedor que estaba sentado en silencio ante un sen fin de botellas valeiras e outras tantas botellas cheas.
-¡Bebo! -respostou o bebedor con tono lúgubre.
-¿Por que bebes? -volveu a preguntar o principiño.
-Para esquecer.
-¿Para esquecer que? -inquiriu o principiño xa compadecido.
-Para esquecer que sinto vergonza -confesou o bebedor baixando a cabeza. "

Ás veces non sabes se é porque non podes máis ou porque é a túa natureza, pero sintes ganas de marchar a outra estreliña ben lonxe... moi lonxe, esquecer a realidade e evadirse dela, de todo iso que te oprime. Non da forma que atopei na estreliña de arriba, xa que o comezo deste relato é un guiño para os meus amigos aqueles que "crearon un monstruo", senón dunha forma máis acorde á vida dun principiño, é dicir, ledo, contento e coñecendo novos mundos... o problema e que non podo ou non quero poder...

3 Comments:

Blogger O principiño da estrela do lado said...

Jajajaja, non penso que se poida esquecer ou olvidar o que che ronda a cabeza, só os gardas un momentiño nunha esquiniña das túas lembranzas para que non saian e poder relaxarte un pouco...
Os aguxeiros negros non existen no noso cerebro, só no espacio, nalgunha que outra galaxia, e cómese a moitas estreliñas, e aos seus inquilinos con elas...

;)

12:33 AM  
Blogger amarante said...

borrachos

XD

10:48 AM  
Anonymous Anonymous said...

Sempre tan majo.

12:09 PM  

Post a Comment

<< Home