O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Saturday, September 02, 2006

Os meus defectos...


Son consciente dos meus defectos... Son moi novo de espírito, pero creo que algunha experiencia na relación coas persoas teño... e a iso non lle poño idade. Sei como son, e cústame aceptar moitas veces aquelas cousas que non fago ben, pero despois dese primeiro momento de vergonza propia e de rabia por non detectalo a tempo, vou aceptandome, porque son eu e sobre todo porque nunca teño un atisbo de maldade. Podo ser mellor ou peor, podo facer dano sen darme conta, podo parecer máis ou menos sensible, pero o que sempre terei claro, despois de viaxar por estreliñas e botarme de moitas outras é que crezo como persoa todos os días que me relaciono.
Cada quen interpreta aos demais e ten unha visión dos demais, pero eu aprendín a que sexan os feitos os que falan, sempre e cando teña un coñecemento de quen os fai. O bonito é que aprenda todos os días dos demais, e sobre todo que sempre me sorprendan gratamente. Nunca se coñece aos demais ao 100% e tampouco quero, porque non nos coñecemos a nós en plenitude.´
Sei que as circunstancias cambian, pero sei que as persoas, como as estrelas poden estar aí, e só quero que estén para poder admirar a súa beleza e visitalas.

4 Comments:

Blogger Príncipe hindú said...

Mis comentarios serían más largos y desarrollados si alguna vez supiera de que hablas ;)
Pero de todas maneras seguiré intentándolo!

6:04 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Creo que son bastante claro, falo de defectos en xeral e das relacións humanas, do que me parecen e do valor que lle dou... Ás veces non só hai que buscar un referente concreto en todo o que se le, non hai que buscar un acto para darlle explicación aos comentarios, simplemente quixen falar diso e non falo en braille ou en morse nin en esperanto ou en silbo gomero, o que puxen aí está, non fai falta moita interpretación.
Un saúdo

7:58 AM  
Anonymous Anonymous said...

Os teus defectos... que non son poucos.

2:35 PM  
Anonymous Anonymous said...

Non menos que os teus ;)

12:04 AM  

Post a Comment

<< Home