O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Friday, September 29, 2006

Agridoce...

Ás veces pásalo ben pola Galaxia, ata diría máis: mellor que ben... pero cando o pasas moi ben daste conta de que tamén botas de menos aos teus amigos, ás túas mascotas alí contigo, creo que un non só debe de darse conta de quenes son os seus amigos nos malos momentos, senón nos bos, naqueles que che gustaría que estivesen ao teu lado para compartir ese momento.
Si botar de menos é unha sensación moi rara, de ledicia porque lembras aquelo que queres, pero de pena porque non o tes aí...
Vai por ti e ti, por ti e por vos...

3 Comments:

Blogger O principiño da estrela do lado said...

jajaja, si que o coñezo, e estiven a punto de facelo, de chamar a certas persoas, pero deixeino, porque non quero raiar... é unha pena... va que si? Que non se saiba valorar eses xestos na medida en que se fan, porque aínda que pareza mentira saen de adentro...
Un principiño pensativo...

4:17 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Si, debe ser a falta de grevidez destas estreliñas polas que estou, debe ser que as mascotas comezan o cole... non sei... melancolía e ganas de que certas cousas non se rompan nunca...
;)

4:34 AM  
Blogger James Hepburn said...

Isto está escrito dende sunset boulevard tentando semellar distancia...
Se agora botas de menos, o reeencontro será mais inesquecible...
pégache a frase " O improbable e pan comido, para o imposible tardo un pouco máis" Asi que aplica o conto

6:53 AM  

Post a Comment

<< Home