
Son consciente dos meus defectos... Son moi novo de espírito, pero creo que algunha experiencia na relación coas persoas teño... e a iso non lle poño idade. Sei como son, e cústame aceptar moitas veces aquelas cousas que non fago ben, pero despois dese primeiro momento de vergonza propia e de rabia por non detectalo a tempo, vou aceptandome, porque son eu e sobre todo porque nunca teño un atisbo de maldade. Podo ser mellor ou peor, podo facer dano sen darme conta, podo parecer máis ou menos sensible, pero o que sempre terei claro, despois de viaxar por estreliñas e botarme de moitas outras é que crezo como persoa todos os días que me relaciono.
Cada quen interpreta aos demais e ten unha visión dos demais, pero eu aprendín a que sexan os feitos os que falan, sempre e cando teña un coñecemento de quen os fai. O bonito é que aprenda todos os días dos demais, e sobre todo que sempre me sorprendan gratamente. Nunca se coñece aos demais ao 100% e tampouco quero, porque non nos coñecemos a nós en plenitude.´
Sei que as circunstancias cambian, pero sei que as persoas, como as estrelas poden estar aí, e só quero que estén para poder admirar a súa beleza e visitalas.