O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, November 09, 2006

Mozo de corazón...



Hoxe alguén me dixo que xa "ía sendo hora de crecer"... iso só o pensan as persoas maiores que queren que os nenos se fagan maiores para que pensen coma eles. A ver, se nos referimos a aspecto físico humano, creo que teño bastantes rasgos de maior, a ver cando nos enteramos por algunhas latitudes da Galaxia que crecer de espírito non significa ser maior ou vello, que podes ter miles de anos e ser o maís mozo de todos... que ter un espírito mozo non significa ter 15 anos. Ser un principiño non implica ter entre 15 e 25 anos coma o Carné Xove, senón que implica unha forma de pensar e de encarar a vida con ilusión, inocencia e bos sentimentos, sen tantos números que che atolondren a cabeza e che fagan esquecer o máis importante: disfrutar da túa vida.

1 Comments:

Anonymous Anonymous said...

Ei, que é distinto ser infantil que non querer crecer... e si, hai moito infantilismo...
Por certo, querida mascotilla, pa que queres que fale de ti no blog?

2:26 AM  

Post a Comment

<< Home