O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Wednesday, July 19, 2006

Medo



Teño medo, medo a un mesmo, medo ao pai, á nai, á autoridade, ao traballo, á vida en xeral, son medos que poden catalogarse como normais sempre e cando non interrumpan ou coarten a actividade xenérica da persoa.

Cando viaxo pola Galaxia teño medo de non ver o meu reinado, de non voltar á miña estreliña, de non ver as miñas mascotas, de non ter a onde ir.

4 Comments:

Anonymous Anonymous said...

Quen máis e quen menos, dáme a impresión que ten eses temores.
Quizais, cada vez tememos máis tanto ao que foi, coma ao que pode ser. Imaxino que ese sentimento nos acompañou máis veces ao longo das nosas vidas e, a fin de contas, é a propia vida a que te vai levando, a que che pon diante novas metas e a que fai que deixes atrás outras, superadas ou non.
O duro é pensalo friamente. Pensar que estás nun bo momento da túa vida que desexarías que non rematara, pero que sabes que non pode ser eterno. Así que o mellor é non pensar...

3:52 PM  
Anonymous Anonymous said...

This comment has been removed by a blog administrator.

6:00 PM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Pódese pensar que estás nun bo momento, pero pode ser que aínda estén por vir mellores. Pero ¿canto pode durar? Un ten medo que se levas un anaco pequeniño da túa vida sen grandes problemas, subsanándoos con madurez, con compaña agradable, sen atrancos... non dure sempre. O que queda é vivilo e sentilo, que para golpes... xa está a vida para darchos.
Coñecendo estreliñas como coñezo sei que as que deixei atrás nunca voltarán, iso si que doe...

1:34 AM  
Anonymous Anonymous said...

This comment has been removed by a blog administrator.

9:04 AM  

Post a Comment

<< Home