O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, July 04, 2006


"Pero sucedeu que o principiño, habendo atravesado areas, rocas e neves, descubriu finalmente un camiño. E os camiños levan sempre á morada dos homes."

Ás veces as emocións non teñen unha causa concreta. Hai veces que te sentes contento, alegre, ben polo simple feito de que non pasa nada malo, non hai malos sentimentos ao teu arredor. Pódese estar máis feliz, pero o simple feito de que as cousas vaian ben son suficiente causa para a autosuxestión. As cousas de Palacio van ben, dirixilo é un reto, pero dá bastantes satisfaccións. O traballo nunca é duro cando te sintes realizado. A miña mascota tamén anda pululando ao meu arredor e iso dame seguridade e o sosego que sempre me dá. Manteño conversas co meu ben querido Rei da estrela 469, aínda que teñan que ser a unhas horas un pouco raras, pero a min gústame escoitar e a el falar, coma nos vellos tempos… e hai momentos para as viaxes por estreliñas fóra do habitual, o sector K 10 é bastante novidoso. Espero que esta sensación dure tempo, que a xente sexa capaz de ver que os que te rodean teñen que encherte e axudarte a crecer por dentro e non a pensar que te solapan… xa que iso non é amizade, senón que é competitividade.
Adicado ás mulleriñas da fruta e ao meu benquerido Rei, pa darlle forzas.

3 Comments:

Blogger Os_Alumnos said...

"Manteño conversas co meu ben querido Rei da estrela 469, aínda que teñan que ser a unhas horas un pouco raras, pero a min gústame escoitar e a el falar, coma nos vellos tempos"

(KE MIEDO ME DAN ESTAS PALABRAS!COMA NOS VELLOS TEMPOS??PERO DENDE CANDO COÑECE VOSTEDE AO REI??)

"e non a pensar que te solapan… xa que iso non é amizade, senón que é competitividade"
(VAYA CLAVADA! MENOS MAL QUE NO LEO LOS BLOGS ULTIMAMENTE, QUE SI NO LOQUEO!)

4:46 AM  
Anonymous Anonymous said...

Dios Vaporoso, ¿só sabes sacar cousas malas? Non ía con tanta maldade, aínda que polo que vexo si que se pode entender con maldade... e bastante... en fin...
A conversa só foi unha para a súa tranquilidade, e os vellos tempos pode ser hai uns cantos meses, non anos, tranquilo... E o de solapar... o que digo pénsoo, aínda que non ía de clavada... xa me está facendo dubidar de sacalo post... E que non se pode falar sen que "interpretedes" e sempre con maldá... De penitencia vaite á misa de San Pápa!!! jajaja
;)

8:02 AM  
Anonymous Anonymous said...

This comment has been removed by a blog administrator.

6:00 PM  

Post a Comment

<< Home