O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Monday, July 24, 2006

Lost...

Din que "nunca es tarde si la dicha es buena", esperemos que non nos "perdamos polo camiño" e que o que comeza hoxe, esta semana tan intensa, remate ben... sobre todo porque estaremos preto da Catedral e non sei eu se alguén terá un plan para derruila en breve ;)
SENTIMENTOS
MEDO, ORGULLO, PREXUIZOS, LEDICIA, ...
Sentir faite ser persoa, pero o que digo eu sempre é que lle deamos cabida aos
SENTIDOS
MIRADE ao voso arredor, pero non cos ollos, e vede o que hai e o que verdadeiramente tedes, non o desperdicir; ESCOITADE, si, aprendede a ESCOITAR, que FALAR dásevos ben, ás veces demasiado; e sobre todo TOCADE, deixade fluir todo ese sentimento a través dos roces, apertas, abrazos, caricias, bicos, ... para poder gardar as lembranzas a través dos CHEIROS...
SENTIDE COS SENTIDOS

1 Comments:

Anonymous Anonymous said...

Claro, e logo, ¿pensas que non o fas moito? Polo menos eu xa te vexo moi perspicaz en captar moitas cousas e tratamentos entre as persoas ;)
Apertas Vaporosas...

9:32 AM  

Post a Comment

<< Home