O principiño da estrela do lado
Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.
Monday, July 31, 2006
Wednesday, July 26, 2006
-¡Hablas como as personas grandes!
Avergonzoume un poco. Pero el, implacable, engadiu:
-¡Confúdnelo todo!…!todo o mesturas!…
Estaba verdadeiramente irritado; sacudía a cabeza, axitando ao vento os seus cabelos dourados.
-Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado, que nunca cheirou unha flor, ni mirou unha estrela e que xamais quixo a ninguén. En toda a súa vida no fixo máis que sumas e restas. E todo o día pásao repetindo coma ti: "¡Son un home serio, son un home serio!"… Ao parecer isto énchelle de orgullo. Pero non é un home, ¡é un hongo!"
Non quero crecer en idade, só quero crecer e medrar por dentro... Non quero ser serio, senón que quero ser alegre porque iso axuda a todos, ata a min...
Monday, July 24, 2006
Lost...
Friday, July 21, 2006
A conta atrás...
Wednesday, July 19, 2006
Medo

Teño medo, medo a un mesmo, medo ao pai, á nai, á autoridade, ao traballo, á vida en xeral, son medos que poden catalogarse como normais sempre e cando non interrumpan ou coarten a actividade xenérica da persoa.
Cando viaxo pola Galaxia teño medo de non ver o meu reinado, de non voltar á miña estreliña, de non ver as miñas mascotas, de non ter a onde ir.
Tuesday, July 18, 2006
... y prejuicio.
A categorización non ten que chegar a casos extremos, porque pode levar a prexuizos... eses prexuizos ou categorizacións extremas fan que non vexamos as persoas como son en realidade.
Este principiño escoitou onte unha frase: "nunca coñecerás a ningunha persoa tal e como é, iso é imposible". Asi que hai que ter coidado e non intentar categorizala para autocrerse que a coñecemos... Non intentes saber máis do que podes e queres, os prexuizos pararante.
Thursday, July 13, 2006
Orgullo

A flor non quería que a visen chorar: era tan orgullosa..."
O orgullo é a falta de recoñecemento de que a nosa personalidade non forma parte de algo simplemente marabilloso, é o amor propio do ego que chegou a crerse que é real. Os habitantes da estrela máis próxima non poden ler a marca do noso reloxo ... dicindo a verdade... non creo que lles importe...
Monday, July 10, 2006
Os Cabaleiros...

Comezamos desta vez a verlle a utilidade a algo que hai un ano só era un adorno:

Ata tal punto que nos vonvertimos en case uns profesionais, sobre todo unha amiga moi volátil e máis este benquerido principiño:
Rematada a viaxe por esa estreliña e xa non vendo a torre vixía ao lonxe voltamos surcar os mares como vos bucaneros, onde a conversación deu para choros e lágrimas, jajaja:
E o cúlmen da identidade desta viaxe foi un animal, ese animaliño que tantos rompedeiros de cabeza lle trae a moitos:
E antes de que se aprobe o plan urbanístico do novo alcalde do século XXI, rematamos con este monumento, que aínda que a miña mascota diga que non durará douscentos anos... só dicirlle que xa leva moito máis en pé, jajaja, ;)

Wednesday, July 05, 2006
O principiño emigrante.
Tuesday, July 04, 2006

Ás veces as emocións non teñen unha causa concreta. Hai veces que te sentes contento, alegre, ben polo simple feito de que non pasa nada malo, non hai malos sentimentos ao teu arredor. Pódese estar máis feliz, pero o simple feito de que as cousas vaian ben son suficiente causa para a autosuxestión. As cousas de Palacio van ben, dirixilo é un reto, pero dá bastantes satisfaccións. O traballo nunca é duro cando te sintes realizado. A miña mascota tamén anda pululando ao meu arredor e iso dame seguridade e o sosego que sempre me dá. Manteño conversas co meu ben querido Rei da estrela 469, aínda que teñan que ser a unhas horas un pouco raras, pero a min gústame escoitar e a el falar, coma nos vellos tempos… e hai momentos para as viaxes por estreliñas fóra do habitual, o sector K 10 é bastante novidoso. Espero que esta sensación dure tempo, que a xente sexa capaz de ver que os que te rodean teñen que encherte e axudarte a crecer por dentro e non a pensar que te solapan… xa que iso non é amizade, senón que é competitividade.
Adicado ás mulleriñas da fruta e ao meu benquerido Rei, pa darlle forzas.