O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, January 11, 2007

Perfume...


O que nos fai a todos diferentes... levámolo dentro.
Só uns poucos saben diferenciar iso polos sentidos, pola vista, polo olfato, polo tacto... ¿pero a nosa esencia cal é? ¿Un cheiro?, ¿unha imaxe?...
¿Somos tan simples de crer coñecer ás persoas pola súa imaxe? ¿Alguén se percatou do olor dos amigos? ¿e dos amantes? ¿e dos momentos?...
Si, eses momentos que quedan gardados no subconsciente só polos cheiros...
O olfato... ese gran sentido esquecido hoxe en día...

2 Comments:

Blogger Murrucha said...

Mmmm, olores, cores e sabores. Se é que hai olores que evocan (pensemos só nos bos jaja). Viena para min tiña olor a café e a pizza, eses son os aromas que máis gravados me quedaron. En Túnez, como non... as especias!!(todo me ulía así.
Perfumes= persoas, recordos, situacións concretas, sentimentos, vivencias....

8:05 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

A min quedoume grabado o cheiro ao champú Pantene Pro-V a unha viaxe que fixen a Barcelona e cada vez que cheiro ese champú trasládame inmediatamente ao cuarto de baño de Barcelona, pero é automático e non sei por que... e moi estraño...

8:37 AM  

Post a Comment

<< Home