O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, May 18, 2006



"En efecto, como todo o mundo sabe, cando é mediodía en Estados Unidos, en Francia estase poñendo o sol. Sería suficiente poder trasladarse a Francia nun minuto para asistir á posta do sol, pero desgraciadamente Francia está demasiado lonxe. En cambio, sobre o teu pequeno planeta bástache arrastrar a silla algúns pasos para presenciar o crepúsculo cada vez que o desexabas…
-¡Un día vin poñerse o sol corenta e tres veces!
E un pouco máis tarde engadín:
-¿Sabes?... Cando un está verdadeiramente triste son agradables as postas de sol.
-¿Estabas, pois, verdadeiramente triste o dia das cuarenta e tres veces?
O principiño non respostou."


As postas de sol son moi fermosas, pero non se ten que estar triste para querer ver moitas. Hai veces que estás nun impás de emocións, é dicir, contento, realizado e tranquilo despois da tormenta. Pero con melancolía porque sabes que hai unha espiñiña que non che deixa ser feliz de todo. Aprender a vivir co corazón espiñado é unha das grandes leccións do principiño, oc al non significa que sexa triste ou doloroso, senón moi emotivo, apra ben ou para mal, e sentir emocións faite ser humano e saber que tes sentimentos. ¿Que é o que che fai dano?, ¿que é o que te pon contento?... Iso di moito dun mesmo.

O principiño sentimental.

1 Comments:

Blogger O principiño da estrela do lado said...

Xa... pero se a nosa vida só foran bos momentos non saberíamos gozar deles en toda a súa plenitude... Despois de pasar un mal momento e ven un bo, es consciente do que vale... E gózalo moitísimo máis. A ver se duran moito...
Un principiño arrikitaun, taun, taun...

5:26 AM  

Post a Comment

<< Home