Todo segue...
Todo segue, despois de rematar a viaxe desta fin de semana... hai que continuar con outras viaxes e estrelas. Aínda que esta estreliña foi bastante caótica, un sempre aprende moito e aprehende moitas cousas. As mascotas portáronse moi ben e eu sempre intentei facer esta viaxe con dignidade e coherencia, aínda que moitas veces, case sempre por motivos alleos, as cousas non sairon ben. Pero tamén creo que con disculpas ben prantexadas a xente é comprensiva.Unha espiña quédame aí cravada pola flagrante metedura de pata que espero se den conta que cometeron certas persoas, pero fixen (fixemos) todo o que estaba na miña man para que os implicados non se sentisen insultados (aínda que pensandoo ben eu ao mellor sentiríame).
Rematado isto só cabe pechalo con dignidade e ben, recoller os froitos (poucos e escasos, xa o sei) pero merecidos cando menos. Espero poder repetir esta situación cos que me rodean, pero facelo mellor... simplemente ben, para que se vexa que podo e podemos melloralo con comprensión.
Grazas aos que estiveron, grazas aos que axudaron e grazas aos que me acompañaron.
Agora a continuar coa seguinte estreliña... coa seguinte viaxe... a Galaxia é moi grande e espero que as novas estreliñas me sorprendan gratamente.

0 Comments:
Post a Comment
<< Home