O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Tuesday, December 26, 2006

Novos Tempos...


Ruido, moito ruido: risotadas, comentarios, conversas e todo aderezado con moita comida e bebida. Así son estas estreliñas nas que andamos, e a próxima aínda superará a esta... pero de súpeto, o silencio e a normalidade diluida.
Comentarios: Houbo algún para a sorpresa e a gracia (ese rei cantarín), outros para a monotonía e o de sempre, que foron os primeiros en borrarse... outros estaban coa rutina e a soidade (falsa soidade), e outros para un simple quérote escondido por aí ... o mellor é que son o reflexo do día a día, hai que ser detallista e quen o é nótase en todos os momentos, e quen é un toxo éo sempre. Tempos Novos en vellos momentos. Novos Tempos en novas vidas.
Que esa estreliña nos guíe pola Galaxia sen emternos en grandes oscuridades...

0 Comments:

Post a Comment

<< Home