O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Thursday, October 05, 2006

...ver e sentir a realidade...

Este principiño non dá tregua á súa viaxe pola Galaxia, e despois de ser carabina nunha cita a cegas (e todas saen mal... era unha psicópata, pero a miña sociabilidade fixo que non nos descuartizara...), tiven un deses momentos nos que se descubre a xente, un deses momentos nos que me descubro... Despois de escoitar, iso que sigo facendo tan ben... tiven que falar, e deime de conta de que, aínda que o paso fenomenal con este novo invitado da miña estreliña... boto moito de menos as miñas mascotas. Non sei se o saben, se o demostro, se queren que o demostre, pero quéroos moito. Esa mestura entre melancolía e felicidade por ter eses sentimentos, pero sen telos preto.
Espero querer moito tempo...

1 Comments:

Blogger James Hepburn said...

Desde Sunset Boulevard se nota que hecha de menos... pero lo disimula bastante bien..
Valor.. una verdadera estrella es la que siempre está preparada para un primer plano...

11:42 AM  

Post a Comment

<< Home