O principiño da estrela do lado

Non me lembro de cando nacín, pero dixéronme que era un luns a media mañá, facía moita calor. Agora estou nesta nova estreliña, que espero o pase ben coas miñas mascotas, vermello e rosa. Gustaríame que pronto tivese compañía, pero na estrela non teríamos sitio.

Monday, October 16, 2006



Teño a sensación de que o mundo se move por actos antitéticos, que non hai nada intermedio, ou branco ou oscuro, ou ben ou mal... ou relax ou estres, ou ledicia ou tristura... Quero pensar que as cousas non son asi, pero cada día vexoo máis: ¿non sabemos atopar a nosa postura intermedia?

2 Comments:

Anonymous Anonymous said...

O problema é que ás veces nos movemos por impulsos e non sabemos disfrutar das cousas ou non sabemos valoralas se non estamos en posturas extremas. É dicir, temos que ir do branco ao negro parar rir ou chorar, pero cando estamos no gris que pasa... Pois que parece que a vida non é tal.

9:40 AM  
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Home, sentir esas sensacións en plenitude claro que te fan sentir vivo, pero de aí a que andes vivindo nunha viaxe interestelar continua debe agotar e mermarte mentalmente... ás veces está ben sentir unha emocion moderada, só o digo porque a saúde psicolóxica pode resentirse se sempre es ou moi feliz, ou moi desgraciado, ou moi activo, ou moi pesimista, ou moi... en fin, os "moi" están ben aos poucos...

2:06 AM  

Post a Comment

<< Home